• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

As medidas presentadas pola Comisión Europea para o sector lácteo no Consello de Agricultura agravarán aínda máis a crise actual

Leche 17 Mar 2016 0

Para o Sindicato Labrego Galego, as propostas que saíron do Consello Ministerial de Agricultura da Unión Europea, celebrado onte 15 de marzo en Bruxelas, non achegan solucións reais á crise actual do sector lácteo e fan ouvidos xordos ás peticións as peticións do propio sector nos diversos países comunitarios..

Dende o sector leiteiro estáselle a pedir á Comisión un regulamento da produción público e igual para toda a Unión Europa; pola contra, a proposta da CE é unha redución voluntaria e temporal por estados, o que significa devolverlle o problema ao sector, fomentando unha guerra interna entre países pola ocupación do mercado. Isto xa está sucedendo, pois ao tempo que hai explotacións, e incluso países, que están contendo a produción; outras granxas e estados aproveitan para incrementar a súa. O resultado global é que a produción aumenta creando, polo tanto, serios desaxustes entre a oferta e a demanda, afundíndose os prezos. Só se recuperamos o equilibrio perdido entre o leite que se produce e o que se vende no mercado, só entón poderiamos pensar nunha recuperación dos prezos.

Outra das propostas da Comisión Europea foi duplicar o volume de intervención do leite en po desnatado -pasando de 109.000 a 218.000 toneladas- e da manteiga -de 50.000 a 100.000 tn-, o cal tampouco serve de nada. O único que conseguirá a Comisión Europea con esta medida é retirar momentaneamente leite do mercado, pero a prezos máis baixos dos que agora temos, e coa condición que o produto almacenado terá que volver ao mercado. Para o SLG e para a Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC). Esta medida só podería ser útil se vai aparellada a unha regulación obrigatoria da produción; senón, tal e como fixeron agora, o único que conseguimos é conter malamente o problema durante uns meses.

Aumentar as axudas dos estados -até 15.000 euros por explotación e sen teito máximo por países- significa lapidar o diñeiro das arcas públicas comunitarias para compensar o roubo que están a perpetrar industrias lácteas e distribuidoras alimentarias ao pagar o leite por baixo dos custes de produción. Esta medida supón subvencionar a extorsión a que as empresas do sector someten ás granxas, que seguirán a desenvolver unha actividade ruinosa nas condicións actuais.

Para o SLG e a ECVC, non é tan difícil poñer en práctica solucións: só pedimos regular a produción cunhas regras de obrigado cumprimento e iguais para toda a Unión Europea que teñan por obxectivo axustar a oferta á demanda. O problema é que a Comisión non está buscando solucións para o sector; o que semella buscar, realmente, é perpetuar a actual situación para maximizar o lucro das grandes corporacións do sector lácteo e distribuidoras alimentarias, que están a facer o agosto coa actual crise.

Neste sentido, dende o SLG queremos manifestar tamén que a postura que a Comisión Nacional da Competencia vén de facer pública no Estado Español, vai no mesmo sentido. Parece ser que a información que se pide no paquete lácteo é excesiva, ou o que ven sendo o mesmo: a opacidade dos mercados, segundo esta Comisión, mellora e beneficia as leis da competencia. Sería oportuno que deixen de tratarnos de parvos e que digan claramente que son a Comisión para a Defensa dos Privilexios das Corporacións; ou sexa, os valedores de quen ten máis poder económico en prexuízo, coma sempre, da xente que vive ou quere vivir do seu traballo.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar