• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

AGACA desvincúlase da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo

Leche 15 Sep 2015 0

Aínda que, inicialmente, como parte da Plataforma pola Defensa do Sector Lácteo AGACA interveu nas accións desenvolvidas en apoio dos gandeiros galegos tanto en Santiago como en Lugo, participando nas reunións e manifestacións que tiveron lugar no transcurso das negociacións, xa na tarde do venres comunicamos á Plataforma que unha folga de entregas era unha acción difícil de asumir para unha cooperativa, especialmente para aquelas primeiro compradoras, correndo o risco de xerar un inútil enfrontamento dos gandeiros entre si ou de comarcas diferentes.

Tampouco apoiamos as accións vandálicas desenvolvidas dente a noite de onte, por certos grupos de gandeiros sen control, imposibilitando así a adhesión das cooperativas, motivos polos que, xa onte, trasladabamos aos representantes da Plataforma a desvinculación de AGACA deste movemento.

Os gandeiros franceses cando protestan tiran produtos españois ou doutros países, non deixan un oco no seu mercado para a penetración destes. Posiblemente, as protestas, a presión do sector e das cooperativas non deben ser actos puntuais senón progresivos no tempo en función dos avances que se vaian producindo. En definitiva,debemos estar en permanente alerta e dispostos a manifestarnos ante calquera agresión dos nosos intereses.

Somos conscientes da gravidade da situación do sector lácteo, da necesidade de que as demandas dos gandeiros galegos sexan escoitadas ante Administracións, Industrias e Gran Distribución pero sempre sobre unha base de CONSTRUÍR relacións que dignifiquen ao sector lácteo e favoreza a todos os elos da cadea.

Así como fomos asistindo a un deterioro lento das condicións económicas nos mercados do sector, a recuperación tamén será, probablemente, progresiva.

ACORDO

A proposta de acordo presenta aspectos mellorables. Por iso, seguiremos loitando para que se concrete todo o relacionado co concepto de sustentabilidade e da incorporación de compromisos nas relacións contratuais entre as cooperativas primeiro compradoras do leite e as empresas que subministran o leite.

Urxe, dada a tensión existente no campo que, en relación aos contratos, a Industria amose xestos que melloren as propostas actuais achegadas aos gandeiros.

Estamos dispostos a construír e seguir traballando por un acordo con futuro para todos e operativo para o sector. Sabemos que non podemos ter garantías de prezos mínimos pero si queremos garantías de que non se produzan, nunca máis, accións de utilización do leite como impulsor de vendas, como un produto reclamo.

O acordo pode ser unha base de partida sobre a cal se acade, con profesionalidade e implicación de todas as partes (Administración, Distribución, Industria e Gandeiros), unha maior transparencia, sustentabilidade e estabilidade do sector. Este é o desexo co que as cooperativas traballamos.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar