• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

FRUGA denucia que a crise leiteira na galiza causa de angurias insuperábeis

Leche 23 Jun 2015 0

No dia 1 de abril do ano en curso asistimos á supresión do sistema de cotas lácteas impostas no espazo económico do que hoxe coñecemos como Unión Europea. Sistema establecido para xestionar os excedentes que se orixinaran como consecuencia da Política Agraria Común (PAC) dos anos 60 do século pasado.

O que inicialmente se anunciou como a libre produción, e que debería ser que cada granxa ficaba libre de impedimentos para producir o que quixera e puidera, transcorridos mais de dous meses pódese afirmar que o que se prognosticaba nada ten a ver coa realidade.

Nun mercado deficitario como o español e sendo Galiza a primeira potencia produtora do Estado e a novena de Europa, o lóxico seria que ese mercado fose abastecido desde Galiza. En realidade o que está a pasar é que as industrias que operan na Galiza están a impor topes de produción ás granxas, e si os superan, primeiro rebáixanlle o prezo, xa de por si ridículo, e mesmo existen ameazas de non llelo recoller. Conclusión; os topes para producir non desapareceron, agora quen os impón é a industria, e a maiores os prezos ao que nos pagan o noso leite seguen a ser os mais baixos de todo o Estado español.

Situación que está a provocar graves quebrantos económicas en moitas granxas lácteas galegas, mas este estado das cousas aínda se ve mais agravado pola desastrosa xestión das axudas establecidas pola PAC. Como consecuencia da implantación de un novo sistema de axudas PAC para o período 2015-202 e debido a problemas de xestión creados por este novo sistema é moi probábel que estas axudas non se podan cobrar este ano, como viña sendo habitual. E isto é moi importante, porque en moitos casos o importe destas axudas estaban a servir par saldar débedas contraídas coas empresas de servizos que fan o ensilado da herba e do millo, así como a sementeira.

Pois ben, o prezo do leite por baixo dos custes de produción, ligado á incerteza de poder cobrar a tempo as axudas da PAC, xunto coa negativa dalgunha entidade bancaria a tramitar un adianto a conta destas axudas puido ser a causa que provocou recentemente un episodio lutuoso no lugar de Vilar no concello de Teo.

Nestes tempos de crise estamos a coñecer graves situacións causadas pola pobreza enerxética ou polo lanzamento de moitas familias dos seus fogares, mas penurias desta natureza tamén se están a vivir no noso rural galego sen que teñan a repercusión social e mediática que teñen eses outros casos.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar