• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

SLG:A ministra de Agricultura avala a extorsión das industrias lácteas ao culpar a produtores e produtoras da crise do sector

Leche 23 Abr 2015 0

No transcurso da súa visita a Galiza onte, 21 de abril, a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, realizou declaracións a varios medios de comunicación nos que, directamente, botaba a culpa aos produtores e produtoras de leite da crise de prezos que están a padecer por non saber negociar.

Dende o Sindicato Labrego Galego recordámoslle á ministra que a crise a está a padecer todo o sector, incluso as granxas daquelas comunidades que, segundo ela, si saben negociar coa industria. É manifesto que, a pesares do paquete lácteo aprobado polo Ministerio de Agricultura, a industria segue a exercer unha posición de abuso e dominio nas relacións comerciais cos produtores e produtoras de leite. A secretaria xeral do SLG, Isabel Vilalba Seivane, explica que “neste momento, as organizacións de produtores e produtoras (OPLs) non teñen ningunha posibilidade de negociar os prezos, pois non hai ningún mecanismo que obrigue á industria a aceptar ningún prezo que non sexa o que fixe ela mesma. E isto é así grazas a leis aprobadas polo actual Goberno do Estado e, en particular, impulsadas polo Ministerio de Agricultura, como a Lei da Cadea Alimentaria, cuxa aplicación non está a evitar que as granxas leiteiras estean obrigadas a aceptar prezos por baixo dos custes de produción e sigan sometidas á extorsión das industrias, que ameazan con deixar de recoller o leite se non se asinan contratos ao prezo que elas impoñan”.

Por todo o devandito, para o Sindicato Labrego Galego é a propia ministra de Agricultura a responsable última da crise do sector lácteo porque as súas políticas demostraron ser totalmente ineficaces para as granxas e unha ferramenta máis ao servizo da extorsión das industrias. Por iso, parécenos unha auténtica frivolidade que a máxima representante dos sectores agrogandeiros no Estado Español se permita visitar Galiza, no contexto dunha das peores crises de prezos dos últimos anos, non para solucionar o problema ou para interesarse pola situación de moitas explotacións que padecen impagos e están ao borde da creba, senón para ser protagonista de varios actos propagandísticos en vésperas das eleccións municipais e, por riba, declarar nos medios de comunicación que os produtores e produtoras non negocian ben o prezo do leite. Sinxelamente, vergonzoso.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar