• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

FRUGA denuncia que a lei da oferta e demanda non funciona no sector lacteo galego.

Leche 3 Mar 2015 0

En datas pasadas escoitabamos unhas declaracións por parte da conselleira do medio rural e mar, Rosa Quintana, nas cales falaba das enormes posibilidades que se abrían no sector lácteo galego trala desaparición do actual sistema de coutas que remata o vindeiro dia 31 de Marzo. Argumentaba entre outros aspectos, que a dia de hoxe o estado español é deficitario en canto a relación producción consumo, xa que somentes produce a dia de hoxe o 75% do leite que se consume no e total do estado, e que polo tanto os gandeiros Galegos abríanselle novas oportunidades coa desaparición das coutas lácteas.

Dende a Federación Rural Galega, parécenos que este aspecto non é de hoxe, xa que o mercado español é deficitario dende hai moitos anos, e non por iso tivemos prezos mellores prezos que noutros estados da Unión Europea. Concretamente a dia de hoxe estamos a cobrar o leite máis barato do estado español, e da Unión Europea, un gandeiro italiano está a cobrar o leite a mais de 40cts, e un gandeiro andaluz está a cobrar o leite 7 cts mais que un galego.

Para que un gandeiro galego cobre o leite o mesmo prezo que un andaluz ou que un italiano, o papel da consellería do medio rural é clave, concretamente no ano 2007 os gandeiros galegos si que eramos os que cobrabamos o leite mais caro do estado español.

Agora que se acaba o sistema de cotas o que estamos a percibir nalgún caso son aspectos totalmente contraditorios os que subliña a propia conselleira. En datas pasadas unha importante industria galega deixaba de recollelo leite de mais de 40 explotacións, sen dar máis explicacións, e tendo que buscarse a vida os gandeiros e gandeiras afectados. O primeiro problema que se nos presenta no futuro non é nin mais nen menos, que a garantía de que as industrias recollan o leite das explotacións. Evidentemente senón hai garantías de recollida, calquera movemento que poida haber neste aspecto pode ser aproveitado polo sector industrial para aplicar novas baixadas. A recente aprobación das modificacións do paquete lácteo, non garanten a recollida das nosas producións.

Ante os novos cambios que se aveciñan, dende FRUGA demandamos un papel moito mais activo por parte da Consellería do Medio Rural e do Mar, Galiza como primeira produtora de leite do estado, ten dereito a ter os seus organismos interprofesionais. Noutras partes do estado español como é o caso de Cataluña, o goberno puxo en marcha un proxecto de lei sobre organizacións interprofesionais agroalimentarias. Dende FRUGA demandamos do goberno galego que faga o mesmo, e que poña en marcha a Interprofesional Láctea Galega.

O novo sistema de contratos ten que servir non so para saber a como se vai cobralo leite, senón ten que ser un sistema que permita fixar un prezo digno a través das negociacións. Contrariamente ó que pasa actualmente que se converten nun instrumento das empresas para fixar un prezo de forma unilateral, sen que os gandeiros poidamos dicir nada. Non se pode permitir que a dia de hoxe se estean asinando contratos por debaixo dos custes de produción, cando existen numerosos estudos sobre o que costa producir un litro de leite.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar