• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG pide a convocatoria urxente da Mesa do Leite para poñer fin á parálise de Medio Rural diante da crise do sector lácteo

Leche 13 Feb 2015 0

Cunha caída continuada do prezo do leite dende xaneiro de 2014 e unha inminente supertaxa por excedernos da nosa cota asignada1, os gandeiros e gandeiras que se reuniron onte, 11 de febreiro, no mercado de Castro de Ribeiras de Lea, convocados/as polo Sindicato Labrego Galego, valoraron a necesidade de esixir da Consellaría de Medio Rural medidas urxentes de apoio ao sector lácteo. Ademais, de non producirse resposta da Administración, adoptaron o compromiso de iniciar actos reivindicativos.

O certo é que hai moitos anos que non confluían tantas adversidades contra a actividade profesional dunhas granxas que, a partir de abril, deberán enfrontarse á principal ameaza que ten sufrido o sector dende a nosa entrada no Mercado Común: a fin do sistema de cotas. Por se non abondase, o agravio comparativo que sofre Galiza na cuestión dos prezos é vergoñento: mentres que en todo o Estado o prezo do leite está á alza, experimentando unha tímida recuperación dende outubro, na Galiza non parou de baixar, situando á maioría das nosas explotacións por baixo dos 30 céntimos, e cun diferencial de 3 céntimos con respecto ás outras comunidades que menos cobran.

Todo isto foi analizado na asemblea do sector lácteo de Castro, que contou coa presenza da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivante, e dos asesores da Executiva do SLG, Xabier Gómez Santiso e Xosé Ramón Cendán.

Nun sector que, desgraciadamente, está afeito a sufrir crises cíclicas de prezos e que non é a primeira vez que se enfronta a unha supertaxa, o que máis sorprendeu da actual conxuntura nesta asemblea é que na Consellaría de Medio Rural estean de brazos cruzados sen facer absolutamente nada. Resulta indignante que a única solución á que recorre o departamento de Rosa Quintana unha e outra vez sexa a do paquete lácteo e, en especial, a de asinar contratos por 1 ano. É preciso explicarlle á conselleira que asinar contratos por 1 ano cos prezos actuais para unha explotación é o mesmo que asinar a súa sentenza de morte? Que granxa pode resistir un ano enteiro cobrando prezos inferiores aos 30 céntimos por litro, por baixo dos custes de produción? E indo máis alá, ¿cales son os plans da Consellaría de Medio Rural diante da inminente fin do sistema de cotas e o previsible exceso de produción e afundimento dos prezos que propiciará? Pensan facer algo para tentar manter a flote as 10.000 explotacións que aínda sobreviven no noso país? Pensan facer algo para que a próxima xubilación do 40% dos activos agrarios do noso país teñan relevo xeracional? No caso de non corrixirse as políticas actuais poderían pechar miles de explotacións no noso país. Realmente, ¿pensa a Consellaría de Medio Rural seguir de brazos cruzados?

Dende o Sindicato Labrego Galego esiximos á conselleira de Medio Rural, Rosa Quintanta, e a todo o seu equipo, que esperten da súa parálise e convoquen urxentemente a Mesa do Leite. Hai demasiados e moi importantes problemas e retos aos que o sector lácteo galego debe enfrontase e non podemos deixar o futuro do principal motor económico do noso medio rural nas fauces dun mercado desregulado que, se non facemos nada, arruinará definitivamente o que debería ser un dos referentes da nosa economía e do noso agro.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar