• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

FRUGA denuncia que a incompetencia da unta de galiza fai perder 4,9 millóns de euros ao rural galego

05/02/2015

A ineptitude da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), entidade pública dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, organismo encargado de promover e coordinar o desenvolvemento rural da Galiza, ven de provocar a perda de 4,9 millóns de euros procedentes dos fondos FEADER da programación do PDR 2007-2013.
A perda destes fondos ven provocada por non facer uso dos mesmo nos dous anos posteriores á anualidade a que correspondían. Este diñeiro corresponde á anualidade de 2012 e tiña de ser usado antes de que rematara o ano 2014, polo que ao non ser utilizado xa se perdeu.

Fica claro que a función de coordinación entre os distintos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) que figura na definición de AGADER na súa páxina web brilla pola súa ausencia. Só a súa falta de dilixencia explica que o rural galego veña de perder 4,9 millóns de euros. Desde FRUGA, supomos, que en AGADER deben pensar que no rural galego estamos sobrados de cartos.

Por outra parte o pasado 11 de novembro a Comisión Europea remitiu á Xunta da Galiza un documento titulado “Observacións sobre o Programa de Desenvolvemento Rural de Galiza”, por medio deste documento a Comisión devolveu o PDR presentado pelo Xunta, para o período 2014-2020, alegando varios motivos, en concreto 418 observacións.

Mas o motivo fundamental ten a ver co déficit democrático con que foi elaborado. Desde a UE notificáselle á Xunta que a elaboración do PDR ten de ser feito co consenso das organizacións sociais que actúan no mundo rural.

Este é un PDR antidemocrático porque impediu a participación dos axentes sociais do mundo rural, porque non tivo en conta as leccións aprendidas e as experiencias pasada, xa que para a súa elaboración non se contou coa participación dos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDRs) do anterior período, e porque a maiores, na proposta do PP, asínaselle un papel preponderante, cando non exclusivo, ás administracións públicas locais en prexuízo das entidades asociativas de base.

Mas tamén llo devolveron porque son uns trosmas. Entre as asneiras que destacan desde Bruxelas, temos as que se refiren á “falta de coherencia, por ofreceren cifras distintas para os mesmos indicadores” ou que “hai que mellorar a presentación do programa e evitar repeticións”.

Desde FRUGA demandamos da Consellería do Medio Rural e do Mar respecto polas normas democráticas de participación dos axentes sociais do rural e que se esforce en non perder o diñeiro que necesitamos no rural galego.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre DESARROLLO RURAL

  • Un agricultor muere cada tres días por accidente en España: la siniestralidad agrícola triplica las cifras oficiales 12/06/2026
  • El PDR 2014-22 cierra con más de un 99 % de ejecución y 549 M€ de inversión pública 10/06/2026
  • Sin mano de obra inmigrante, España podría perder más de 220.000 explotaciones agrícolas en 2075 05/06/2026
  • «Casi me arrepiento de haberles animado a seguir en el campo» 05/06/2026
  • ¿Quién monetizará la verdad en el sector agrario español? 04/06/2026
  • Bruselas pide opinión al sector antes de actuar contra la despoblación rural 29/05/2026
  • Andalucía necesita una política agraria útil para quien vertebra el territorio 25/05/2026
  • 15.000 productores de CyL reciben el último pago de las ayudas agroambientales y de zonas con limitaciones 25/05/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo