• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

FRUGA: O vacún de carne volve a mobilizarse e continuará en loita ata que se aproben todas as axudas de razas autóctonas

Vacuno 5 May 2014 0

Cando en abril de 2008, a Consellería do Medio Rural (CMR) do goberno bipartito, sacou a liña de axudas destinada ao fomento de produción das razas gandeiras autóctonas en réximes extensivos, en concordancia coas políticas que recomenda a Unión Europea de apostar por unha produción de alimentos sans e de calidade, tanto a CMR como os/as titulares das granxas, asumían durante cinco anos un compromiso: os/as gandeiros/as comprometíanse a cumprir medidas que fomentaban as razas autóctonas en base á superficie e, a cambio, a CMR facíase responsable do pago de ata 156 € anuais por animal reprodutor.

O Partido Popular, unha vez que asumiu o goberno galego, comezou unha campaña programada de acoso e derribo ao sector da carne galego. Viñeron progresivamente os recortes e os atrancos para un o normal funcionamento do Contrato de Explotación Sustentable (CES), despois a paralización do Banco de Terras de Galiza (BANTEGAL) e finalmente tamén chegou o asedio ás axudas de razas autóctonas.

Como non podían eliminalas, comezaron a recortalas cada ano un pouco máis ata chegados o último dos cinco anos, que aínda se veu de resolver recentemente, no que o 75% das solicitudes que cumpriron cos requisitos quedaron fora das axudas. Despois das mobilizacións e dos recursos presentados por FRUGA despois dunha resolución chea de irregularidades, a Xunta publicou unha modificación, pero sen poñer un peso máis, polo que practicamente as mesmas explotacións, máis de 600, e que cumpriron co pactado, seguiron na lista das denegacións.

En vista disto, o sector de vacún de carne, volveu a Lugo a mostrar a súa indignación á porta da delegación da Xunta de Galiza, onde centos de gandeiros/as afectados protestaron por algo que é claramente inxusto e discriminatorio. Ata a propia delegada territorial, Raquel Arias puido comprobar, xa que cando pasou por diante da concentración foi preguntada pola multitude sobre o porqué deste abuso, aínda así, non se dignou a recibir unha representación de damnificados.

Despois desta última modificación desta axudas, desde FRUGA puxemos novamente a disposición dos/as interesados/as un novo recurso con alegacións e tamén volvemos protestar a Lugo como medida de presión, e así vamos continuar ata que todos os expedientes que cumpriron cos compromisos sexan aprobados e todas as granxas reciban os cartos que lles pertencen. Do mesmo xeito agotaremos a vía administrativa e incluso non descartamos acudir ao contencioso en defensa do que é, a todas luces, xusto.

FRUGA continuará loitando para facerlle ver ao Sr. Núñez Feijoo, á conselleira do Medio Rural, á delegada territorial e a que faga falta que o sector da vacún de carne merece un respecto. A excusa de que a Xunta non ten cartos non é crible, se se gastaron máis de nove millóns de euros no proxecto fracasado de Alimentos Lácteos, cómo pode ser que non haxa unha cantidade moito menor para manter un sector como o da carne que mantén a 9.000 familias galegas e que é practicamente a única actividade económica en moitas comarcas do País?

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

758.000 vacunas más para frenar la dermatosis nodular en el ganado
Vacuno15 Jul 2026

758.000 vacunas más para frenar la dermatosis nodular en el ganado

Los propios datos del Gobierno Vasco desmienten la estabilidad de Eusko Label
Vacuno10 Jul 2026

Los propios datos del Gobierno Vasco desmienten la estabilidad de Eusko Label

ASAJA planta cara a la carne brasileña
Vacuno9 Jul 2026

ASAJA planta cara a la carne brasileña

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar