• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

As propostas aprobadas polo Parlamento Europeo para a Política Agraria Común afondarán na crise do sector lácteo galego

Leche 15 Mar 2013 0

Ademais, o sistema de reparto de axudas que sacaron adiante europarlamentarios e europarlamentarias seguirá sendo inxusto e beneficiando especialmente a nobres, terratenentes e grandes empresas

As propostas lexislativas para a reforma da Política Agraria Común (PAC) que onte, 14 de marzo, aprobou por maioría o Parlamento Europeo, supoñen un balde de auga fría para as aspiracións de boa parte da cidadanía e dos labregos e labregas da Unión Europea que desexaban unha agricultura que mantivese un medio rural vivo, con emprego e producindo de xeito sostible alimentos sans e de calidade para as persoas.

Para empezar, as directrices aprobadas polos europarlamentarios e europarlamentarias continuarán coa liña marcada de deixar os mercados e a produción agraria sen regulación e baixo o arbitrio dos máis fortes. Un bo exemplo témolo no sector lácteo, onde se avogou por poñer fin ao sistema de cotas en 2015, deixando ás explotacións leiteiras sen ningún tipo de control sobre a cantidade de leite a producir. Iso si, aprobaron subvencionar con cartos públicos o abandono da produción. É dicir, cos cartos de todos e de todas se vai sufragar que as macroexplotacións sigan aumentando a súa produción cun sistema insostible social e medioambientalmente para producir leite de dubidosa calidade en cantidades inxentes e a prezos cada vez máis baixos. Así, a produción leiteira seguirá concentrándose cada vez en menos explotacións e en zonas xeográficas máis restrinxidas e incidindo, polo tanto, no desemprego e desertización xeneralizados do medio rural.

Outra das medidas aprobadas polo Parlamento Europeo onte resulta vergonzosa no contexto actual de crise: en troques de limitar a percepción de axudas para evitar que nobres, terratenentes e grandes industrias sigan a ser os principais beneficiarios da PAC ao percibir o meirande das subvencións, as cousas van seguir como estaban. A solución era doada: poñer un tope de 100.000 euros como máximo a percibir en forma de axuda directa, tal e como propuña a Coordinadora Europea da Vía Campesina. Nembargante, o Parlamento Europeo aprobou poder dar axudas de até 300.000 euros, de maneira que poderán seguir sacando suculentas subvencións da PAC labregas tan necesitadas como a Raíña de Inglaterra ou a Duquesa de Alba. Para Isabel Vilalba, secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego e membro do comité coordinador da Vía Campesina en Europa “é inmoral que xente coma esta siga cobrando axudas públicas tan abondosas mentres unha boa parte da poboación europea vive en condicións de miseria”.

Polo demais, outros cambios aprobados polo Parlamento Europeo para a nova PAC, aínda sendo positivos, son demasiado tímidos á hora de apostar por unha agricultura máis diversificada, sostible ambientalmente e practicada por pequenas e medianas explotacións que son as que manteñen realmente vivo ao medio rural.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar