• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O texto da Lei da Cadea Alimentaria aprobado polo Consello de Ministros segue sen prohibir a venda de produtos agrogandeiros por baixo dos custes

Leche 14 Feb 2013 0

A falta dunha análise polo miúdo, a nova Lei da Cadea Alimentaria supón unha xerra de auga fría para o agro galego e do Estado, ao non prohibir que industrias e intermediarios poidan seguir pagando prezos en orixe por baixo dos custes de produción. Desta maneira, o Ministerio de Agricultura avala as prácticas mafiosas de industrias como moitas do sector lácteo que, na actualidade, pagan o litro de leite a un prezo medio de 31 céntimos, un valor moi por debaixo dos 40 céntimos que custa producilo e que está levando a moitas explotacións do noso país á ruína.

A Lei da Cadea Alimentaria achega aspectos positivos, como tipificar de infracción moi grave, con multas entre 3.001 e 100.000 euros, “o incumprimento de prazos de pago nas operacións comerciais de produtos alimentarios”. Coa nova lei na man, serían sancionadas empresas como Lácteos Tambre, que xa foi embargada por non pagar o leite de varias entregas a moitas das explotacións que lle fornecían; Alimentos Lácteos, que adebeda case medio ano aos seus provedores; ou adegas da denominación de orixe Rías Baixas como Gran Bazán, Lagar da Condesa, Sucesores de Benito Santos ou Núñez Andión, que aínda non pagaron a vendima de 2011 a viticultores e viticultoras, cando a Lei contra a Morosidade obriga a pagar antes dun mes os produtos perecedoiros.

A pesares de avances coma este, de saír para adiante a Lei da Cadea Alimentaria co texto aprobado polo Consello de Ministros do pasado venres, 9 de febreiro, as industrias terían as mans libres para pactar e impoñer prezos de miseria ás explotacións que, por riba, estarían fixados nun contrato. Así, a nova Lei da Cadea Alimentaria supón un torpedo na liña de flotación dos acordos acadados no sector lácteo trala folga de entregas de novembro. Acordos que, por certo, están a ser sistematicamente incumpridos precisamente polas industrias, que manteñen os prezos estancados moi por baixo dos custes de produción e que, como xa teñen demostrado, non van ceder nas súas prácticas abusivas de non ser que se lles obrigue cunha lei que, por desgracia, non vai ser a da Cadea Alimentaria se mantén o texto aprobado polo Consello de Ministros.

O Sindicato Labrego Galego, xunto coas outras organizacións agrarias, ten vontade de seguir defendendo os acordos acadados no sector lácteo trala folga de entregas de novembro e a alegación presentada pola Xunta diante do Ministerio de Medio Rural pedindo, entre outras cousas, que se regule a prohibición de vender produtos agrogandeiros por baixo dos custes de produción. Por iso, as tres organizacións agrarias decidiron solicitar encontros coa Consellaría de Medio Rural e co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para que fagan as xestións necesarias de cara a que a prohibición de vender por baixo de custes sexa introducida na Lei de Cadea Alimentaria durante a súa tramitación parlamentaria.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar