• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG pedirá novos instrumentos de protección e mobilidade da terra agraria na Galiza para garantir o futuro do sector lácteo

Leche 14 Ene 2013 0

secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou 11 de xaneiro, na comisión de seguimento dos acordos do sector lácteo que se acadaron, a finais do ano pasado, trala folga de entregas de novembro. Na xuntanza estiveron as outras organizacións agrarias e unha comitiva da Xunta encabezada polo secretario xeral de Medio Rural e Montes, Tomás Fernández Couto, e nela traballáronse cuestións como as achegas á Lei da Cadea Alimentaria, para rematar coa posición de abuso das industrias que obrigan a vender o leite en orixe a perdas; ou a configuración dun prezo que contemple a cobertura dos custes de produción.

Isabel Vilalba destacou que, a pesares de avanzar en positivo nesta comisión de traballo, é urxente e imprescindible que o leite que se cobre neste mes de xaneiro reflicta un aumento de prezo que deteña a caída en picado nas rendas das explotacións leiteiras.

En relación tamén coa rendibilidade da profesión leiteira, a secretaria xeral do SLG chamou a atención sobre a necesidade das explotacións de ter acceso a máis base territorial para poder producir os seus propios pasteiros e forraxes de cara a diminuir a dependencia de insumos externos e baixar os custes de produción. “Para isto é fundamental”, declarou Isabel Vilalba, “a ordenación do territorio, no sentido de protexer o solo agropecuario de usos como o forestal ou o mineiro. Amais de protexer a superficie agraria, tamén son necesarios mecanismos que mobilicen a terra en desuso e abandonada para que poida ser utilizada polas explotacións agrogandeiras”.

Neste sentido, o Sindicato Labrego Galego pedirá que o solo agrario sexa destinado só a usos agropecuarios que son, precisamente, os que xeran emprego e fixan poboación de xeito permanente no medio rural. Por iso, o SLG defenderá que a nova Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia, cuxo borrador está a ser analizado e debatido nestes intres polos integrantes desta comisión, poña fin a prácticas ilicitas totalmente estendidas no noso país en conivencia coas autoridades, como a forestación ilegal de terras agrarias, que están a deixar as nosas explotacións sen predios para desenvolver a súa actividade e a converter o noso campo en materia combustible para os incendios.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar