• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

A galega Isabel Vilalba defendeu ante o Grupo Consultivo do Leite da Comisión Europea o control da produción e dos mercados para garantir o futuro do sector

Leche 8 Jul 2011 0

A responsable dos sectores gandeiros da Coordinadora Europea da Vía Campesina (ECVC), e secretaria de Soberanía Alimentaria do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba, participou onte, 6 de xullo, en Bruxelas, na xuntanza do grupo consultivo do leite da Comisión Europea. Neste encontro, no que se deron cita representantes de todos os axentes do sector leiteiro europeo e dos países membros da UE, analizouse a situación actual do sector e o impacto que está a ter nel o proceso de eliminación dos controis da produción que se está a facer de xeito progresivo (a denominada “aterraxe suave”) até suprimir o actual sistema de cotas lácteas no 2015.

O panorama debuxado resulta desalentador, pois se constatou un aumento considerable da produción de leite que non foi aparellado a un incremento nin da demanda nin do consumo. Países como Francia advertiron do grave risco que se corre de que este desequilibrio entre a oferta e a demanda derive nunha creba do sector a nivel europeo.

Dende que se comezou a aplicar o desmantelamento do control da produción, xa se produciu unha forte crise no ano 2009 e, dende aquela, os prezos apenas se recuperaron. Fronte a este estancamento dos prezos á baixa, os custes para as explotacións non pararon de incrementarse (gasóleo, electricidade, abonos, alimentación animal…), poñendo en grave risco a súa viabilidade económica.

Outro dos fracasos que se está a constatar na política leiteira comunitaria é a negociación de prezos e a formalización de contratos entre as industrias e as explotacións. Países onde se están a formalizar contratos con normalidade, como Francia ou Suíza, constataron que os xigantes da industria, como Nestlé ou Lactalis, son os que acaban impoñendo os prezos e as condicións que máis lles conveñen. Neste contexto, a intención da Comisión Europea de fragmentar o poder negociador das explotacións en asociacións de produtores vai a agravar aínda máis este problema de desigualdade entre as partes, debilitando a capacidade negociadora das explotacións e facendo aínda máis difícil acadar un prezo digno para o leite. De seguir por ese camiño, a Comisión Europea fará posible que se perpetúen, ou mesmo que empeoren, os datos da cadea de valor do sector lácteo que se fixeron públicos onte en Bruxelas: mentres que as explotacións se quedan con pouco máis do 20% do prezo final do leite, as industrias ingresan máis do 30% e as distribuidoras embolsan o 42%.

Fronte a todo isto, Isabel Vilalba, en nome da ECVC e do Sindicato Labrego Galego, defendeu unha nova política leiteira baseada en tres piares fundamentais:

Control público da produción e dos mercados como medio imprescindible para manter un equilibrio entre a oferta e a demanda, e para acadar uns prezos dignos, estables e remuneradores para as explotacións.

Negociación colectiva do prezo do leite a través de interprofesionais nas que estean representados todos os axentes do sector: explotacións, industrias, distribución, consumidores e consumidoras e administración.

Aposta por un modelo sostible a todos os niveis, que garanta a viabilidade das explotacións familiares; fronte á proliferación de grandes industrias de leite que concentran a miles de animais e usan un modelo insostible a nivel económico, social e ambiental.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar