A organización profesional agraria Xóvenes Agricultores-ASAJA Galicia considera que a aprobación do decreto lácteo por parte do Goberno plantexa máis sombras ca luces cara ao sector produtor. Aínda que é un paso adiante positivo a obligatoriedade da formalización de contratos homologados, a problemática vencellada á evolución dos prezos percibidos polos gandeiros non queda resolta, plantexándose, tamén, dúbidas sobre o papel a desenvolver polas organizacións de produtores e mesmo sobre a actitude que tomará a Comisión Nacional da Competencia.
“Establecer a contractualidade é unha reivindicación á que se lle da resposta”, explicou o secretario xeral de Xóvenes Agricultores, Francisco Bello, “pero aínda quedan flecos importantes en materia de prezos e dúbidas sobre a actitude de Competencia”. Bello lamentou que os gandeiros galegos sigan a cobrar moi por debaixo da media europea e nacional e dixo que “algunha industria xa amenazou con non aplicar as subidas que a situación actual do mercado permite no sector lácteo”.
Bello, quen volveu reclamar “vontade e aposta política dende o ministerio para saír desta situación”, anunciou que se manterían contactos coas restantes organizacións agrarias, “porque non descartamos medidas de presión contra esas industrias que non queren subir os prezos”. O secretario xeral de XX. AA. lamentou tamén que “logo de máis dun mes sen coñecer a resposta do MARM sobre as nosas alegacións ao decreto, cunha falta clara de diálogo coas organizacións profesionais agrarias, nos convoque para o luns o secretario de Estado Puxeu para informarnos sobre o decreto xa publicado”.





Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.