• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O Real Decreto Lácteo que aprobará o Goberno é un atentado contra o sector productor

Leche 4 Abr 2011 0

O Sindicato Labrego Galego quere expresar o seu máis rotundo rexeitamento ao Real Decreto Lácteo aprobado polo Consello de Ministros e Ministras , porque equivale a un torpedo na liña de flotación do sector leiteiro e condénao a ficar a mercé dos prezos de miseria que lle marquen as industrias e a distribución. Isto é así por tres razóns fundamentais:

Imposibilidade de negociar colectivamente un prezo digno: O Real Decreto determina a “teórica” capacidade de negociar os prezos do leite ás organizacións de produtores (OP), abortando toda posibilidade de negociación colectiva do sector no seo da Interprofesional. Trátase dunha decisión política que impide a posibilidade de fixar un prezo mínimo universal a todas as explotacións, que cubrira os custos de produción e do traballo nas explotacións leiteiras, e por debaixo do cal non se podería pagar o leite en ningunha explotación.

Control da produción privatizado: Outra das grandes renuncias do Ministerio de Medio Rural de cara a defender os intereses dos labregos e labregas que viven do leite ten que ver co control da produción. Con este decreto, o Estado Español renuncia a defender un control público da produción na Unión Europea que garanta o equilibrio no mercado e por tanto uns prezos dignos; en segundo lugar, volven ser as multinacionais da distribución as grandes beneficiadas, xa que sen control da produción o mercado inundarase de leite coa previsible caída de prezos, é dicir, máis ruína para os produtores e produtoras e maiores marxes de beneficios e control sobre a produción alimentaria para as distribuidoras.

Obrigatoriedade: Por último, este Real Decreto esíxenos aos productores e productoras que contratemos a nosa producción de leite coas industrias, é dicir, as explotacións terán que asinar os contratos aínda que os prezos marcados non cubran nin os custes; nese sentido, é moi significativo o texto que se nos presentou, sempre no cal se cita literalmente que “o prezo, no contrato, poderá ser fixo ou variable”.

Nestas circunstancias, cun Goberno que aposta pola ausencia de controis no mercado lácteo, e que pretende facer obrigatorio un contrato tan lesivo para o sector produtor -sen negociación colectiva, e sen prezos de base que cubran os custes e o traballo-, o Real Decreto Lácteo está deseñado para beneficiar, especialmente, ao sector da distribución. Por certo, coa escusa de que non é competencia do Ministerio de Medio Rural, as grandes beneficiadas, as distribuidoras, non van ter regulada as súas relacións comerciais coa industria cun contrato obrigatorio, como así acontece cos produtores e produtoras. Deste xeito, as distribuidoras terán as mans libres para impoñer as súas condicións e prezos ás industrias, condicións e prezos que repercutirán directamente no prezo en orixe percibido polas explotacións.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar