• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

A Coordenadora Europea presenta as súas propostas de futuro para o sector

Leche 29 Mar 2010 0

A Secretaria de Organización do Sindicato Labrego Galego, Lídia Senra Rodríguez, presente arestora en Bruxelas coma representante da Coordenadora Europea Vía Campesina na conferencia consultiva convocada pola Comisión Europea “Cal é o futuro do leite?”, denuncia a falla de espazo para a expresión do sector produtor: dez organizacións -das cales somentes 3 representan aos produtores/as- teranse que distribuír unha hora e cuarto de tempo para as súas intervencións.

Para a expresión dos posicionamentos académicos emanados das universidades, pola contra, unha hora e cuarto repartirase entre catro poñentes.

Dende Bruxelas, Senra afirma que “os representantes da Comisión presentes nesta xornada de debate, lonxe de amosarse abertos ás propostas de quen se ve directamente afectado pola Política Agraria Común, o sector produtor, séguense a manter no contexto da desaparición do control da produción e da liberalización de mercado”.

Na intervención que as e os representantes do sector produtor levarán a cabo ás 14:00hrs., e ao igual que temos defendido diante do Grupo de Expertos/as en materia de Sector Leiteiro da UE, a Coordenadora Europea Vía Campesina defenderá coma cuestión central que se queremos vivir do noso traballo cómpre fixar na nova política leiteira aspectos irrenunciábeis coma o mantemento do control da produción logo do 2015, adaptando o volume de produción en aras da equiparación de oferta e demanda na UE.

Cómpre realizar tamén unha redistribución do dereito a producir entre as distintas áreas do territorio europeo co obxectivo de rematar cunha situación inxusta que está a afectar moi negativamente aos países do centro e sur de Europa.

Igualmente é imprescindíbel por fin á concentración da produción en explotacións cada vez máis industriais e intensivas.

En canto ás cuestións vinculadas ás relacións contractuais, poder de negociación e transparencia no sector leiteiro, no referido ao establecemento de contratos, a Coordenadora Europea Vía Campesina non está dacordo coa proposta de substituír o control da produción -exercido arestora mediante o sistema de cotas- polo asinamento de contratos privados coas industrias.

Reiteramos firmemente que os contratos no sector leiteiro só teñen utilidade para as gandeiras e gandeiros se se dan nun contexto de produción regulada e previa unha negociación colectiva de prezos que cubran custos de produción e traballo.

No tocante á transparencia na cadea alimentaria, Senra defenderá en nome da Coordenadora Europea Vía Campesina, a necesidade de que se estenda dende o principio até o final da cadea alimentar, para o que é necesario realizar unha regulación das marxes comerciais que limite as marxes de beneficio da distribución e industria, garantindo aos consumidores/as que non se está a especular cos produtos alimentares.

Neste senso, demandamos que a prohibición de vender por embaixo de custos de produción, arestora só vixente para a distribución, sexa aplicada tamén no prezo pagado en orixe.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar