• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Innovación
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Galiza súmase á loita europea por un prezo xusto para o leite

Leche 22 Sep 2009 0

A Dirección Nacional do Leite do SLG, integrada por gandeiras e gandeiros das comarcas leiteiras da Galiza, reunida durante todo o día de ayer en Santiago de Compostela, vén de decidir iniciar dende as 24:00hrs. de hoxe accións contundentes de apoio á folga que as produtoras e produtores europeos iniciaron o pasado 10 de setembro.

Avaliadas as condicións coas que nos atopamos a curto prazo, e ao non contar co apoio das organizacións que lle seguen pedindo ao sector “paciencia” para arruinarse, e para que dentro dun mes, segundo acordaron hoxe na Comisión de seguimento, cobren o prezo francés que arruína tamén ás explotacións de Francia, estamos en condicións de lanzar accións de apoio á revolta leiteira que en toda Europa se está mantendo.

Tendo unha porcentaxe de compromisos de adhesión á folga de entregas que supera á que deu inicio á folga en países como Francia (1) ou Alemaña(2) , iniciamos, a partires das 24:00hrs de mañá, martes 22, accións de non entrega de leite ás industrias alternando comarcas., ao tempo que faremos visíbel a nosa loita mediante accións reivindicativas públicas e continuadas no tempo.

A primeira comarca en pé de loita será Compostela.

Prezo francés.

O que non ten sentido, como así nos confirmou o compañeiro da Bretaña francesa, René Louail (Confèdèration Paysanne-Coordenadora Europea Vía Campesina), é pedir ou seguir agardando a que se cumpra no Estado español o acordo que as outras organizacións agrarias asinaron en Madrid, xa que na actualidade os prezos de Franza son os mesmos que aquí (0,24€), un prezo que nin sequera paga os custos de produción franceses (máis baixos que os do Estado español) razón pola cal as gandeiras e gandeiros levan en folga dende o pasado 10 de setembro. É ese o “prezo francés” que piden que se cumpra?

Na mesma tónica, o compañeiro Ulrich Jasper, membro da Arbeitsgemeinschaft Bäuerliche Landwirtschaft (integrada na Coordenadora Europea Vía Campesina) en Alemaña, denunciou que explotacións das máis dimensionadas (Alemaña é a primeira produtora de leite europea), están cobrando entre 0,19/0,20€, estando a media alemá en 0,22/0,23€

Asemade, dando conta das múltiples accións que están tendo lugar en Europa, Ulrich Jasper transmitiunos que se comeza a falar da “revolta labrega” na UE.

(1) Comezaron co 20%, a día de hoxe secundan a folga o 60%.

(2) Comezaron con mil explotacións das cen mil existentes (+/- 1%), a día de hoxe secundan a folga entre quince e vinte mil explotacións (15/20%)

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Webinar Agrodigital · ICL Webinar Gratuito

NUE: Cuando cada nutriente cuenta

24 de Septiembre Inscríbete gratis →

Te puede interesar:

Unións Agrarias reclama más controles en la cadena láctea ante la situación de las granjas gallegas
Leche15 Sep 2026

Unións Agrarias reclama más controles en la cadena láctea ante la situación de las granjas gallegas

El ganadero cobró en julio 3,8 ct menos que hace un año … ¿ha bajado el PVP en el lineal?
Leche4 Sep 2026

El ganadero cobró en julio 3,8 ct menos que hace un año … ¿ha bajado el PVP en el lineal?

AGROMURALLA pide a la industria láctea que revise los precios de los contratos vigentes
Leche3 Sep 2026

AGROMURALLA pide a la industria láctea que revise los precios de los contratos vigentes

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web. Política de privacidadAceptarRechazar