• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

SLG: A actitude irresponsábel da UE agrava inda máis a situación do sector leiteiro

Leche 27 May 2009 0

Tanto a Comisión Europea como os ministros e ministras de agricultura da UE, reunidos dende onte en Bruxelas co fin de analizar, entre outros puntos, a actual situación pola que pasa o sector lácteo, amosaron unha actitude totalmente neglixente e irresponsábel ao declinar a posibilidade de establecer medidas contundentes que rematen coa actual crise.
Dende Bruxelas, e tras terse reunido no día de onte co presidente do Consello de Ministras/os de agricultura, Lídia Senra Rodríguez, secretaria de organización do SLG e responsábel dos sectores gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina, declarou hoxe que a opción proposta dende o Consello de adiantar para o 2009 o 70% das subvencións establecidas para o sector produtor no 2010 “non é solución ningunha, “xa que eses cartos son do sector, xa lles correspondían houbera ou non a catastrófica situación actual. Un “plan de choque” precisa dun outro orzamento, uns fondos novos, non os que xa eran dos produtores e produtoras”.
Estes cartos para o sector foran xa establecidos en reformas anteriores, para seren adicados a outros conceptos, así que non constitúen en absoluto unha iniciativa nova de “medida” para paliar a crise, senón un xeito de encamiñar ao sector cara un maior endebedamento, xa que se o que obtemos é un adianto das axudas do 2010, como faremos para o ano que vén?
Polo tanto, se a Comisión quixera facer un “plan de choque” para evitar que pechen explotacións, até que foran postas en marcha as medidas que solicitamos en nome do sector produtor por medio da Coordenadora Europea Vía Campesina, terían que engadir un outro orzamento, non “reciclar” o que xa lle pertence ao sector por dereito.
A solución desta crise non reside unicamente no apoio económico, senón que a vía de recuperación real e consecución da estabilidade para o sector é a vía política, a dunhas leis elaboradas polo Consello de Ministros e Ministras da UE pensando nas persoas e non nas empresas que se disputan o mercado internacional.
Neste senso, dende a Coordenadora Europea Vía Campesina, ao igual que dende o SLG -que forma parte desta organización internacional- instamos á Unión Europea a reducir a produción: é necesario suprimir o aumento da cota do 1% deste ano e acometer a redución da cota global europea até obter un equilibrio entre a oferta e a demanda.
Por outra banda, cómpre manter un control público da produción, a UE ten que dar marcha atrás na decisión de abandonar as cotas en 2015.
As medidas políticas elaboradas dende os órganos europeos que regulan a produción agraria teñen que ir encamiñadas, no que respeita á situación pola que agora está a pasar o sector produtor, a garantir unha renda suficiente a todos os produtores/as de leite, algo só posible a través dun control, dunha mellor distribución da cota e dun prezo mínimo de compra por parte das industrias lácteas.
Dende a Coordenadora Europea Vía Campesina seguiremos a facer actuacións a nivel europeo para acadar a consecucións destas nosas demandas, e seguiremos apoiando ás organizacións que, como fixeron ao longo do día de onte o Sindicato Labrego Galego na Galiza e a Confédération Paysanne en Franza, están a levar a cabo mobilizacións para acadar unha nova política europea que garanta prezos que remuneren o noso traballo.
A situación de crise actual confirma que as medidas elaboradas polo Consello de Ministros e Ministras de Agricultura no que deron en chamar “chequeo médico da PAC” son totalmente equivocadas, non se axustan á realidade do sector e moito menos vai encamiñado a obter unha mellora na situación das persoas que producen leite.
Estas decisións foron unha total irresponsabilidade e inda é máis irresponsábel seguir a manter esta política, rexeitada totalmente polas labregas e labregos, como están a demostrar as mobilizacións que están tendo lugar en toda Europa.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar