• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Innovación
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

SLG: Política Agroalimentaria defende unha postura suicida para o sector lácteo galego

Leche 21 Abr 2005 0

O Sindicato Labrego Galego quere amosar a súa consternación e o seu rexeitamento máis firme ante a nova posición adoptada pola Consellaría de Política Agroalimentaria, que afirma unha barbaridade como que eliminar a compravenda privada de cota láctea entre particulares prexudica a Galiza.

Precisamente, a compravenda privada de cota levámola aturando, coa complicidade da Xunta, máis dunha década cun saldo claro e demoledor: máis de 14.000 explotacións lácteas pechadas en Galiza dende 1992, e un medio rural cunha crise aguda de desertización. Detrás desta situación crítica do noso agro agáchase, precisamente, a compravenda de cota entre particulares. Esta práctica fomentou a especulación e a proliferación de mafias, aumentando desorbitadamente os prezos dos dereitos e forzando ás explotacións galegas a dúas saídas: ou pechar por non poder ampliar a súa capacidade produtiva, ou someterse a un forte endebedamento e hipotecar o seu futuro para poder mercar cota.

Por primeira vez en moitos anos, o Plan de Reestruturación do Sector Lácteo presentado polo Ministerio de Agricultura daba esperanzas a miles de explotacións galegas que se beneficiarán ao poder incrementar a un prezo razoábel a súa capacidade produtiva para acadar a viabilidade económica que lles permita continuar.

Non embargante, e facendo gala dunha política de catacumbas totalmente allea á realidade do país, Política Agroalimentaria avoga agora por manter a compravenda privada de cota sen falalo previamente co sector, e facendo gala dunha postura corporativista e politizada, que pretende obter réditos electorais para o PP a costa do futuro do sector.

Dende logo, esta posición da Consellaría supón un insulto e un desprezo aos miles de explotacións galegas que aínda poden ser viábeis se amplían a súa capacidade produtiva. A política positiva de Política Agroalimentaria para o sector, e para o desenvolvemento rural en xeral, pasa por garantirlle o futuro a estas explotacións. A política feita pública no día de hoxe pola Consellaría condena a todas estas explotacións a un peche seguro, e beneficia só a unhas poucas granxas de corte industrial e sobredimensionadas nun medio rural morto e desertizado.

Dende logo, se Santiso Miramontes non dá marcha atrás neste posicionamento suicida para o noso sector lácteo e o noso agro, atopará no Sindicato Labrego Galego unha firme e contundente oposición.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Webinar Agrodigital · ICL Webinar Gratuito

NUE: Cuando cada nutriente cuenta

24 de Septiembre Inscríbete gratis →

Te puede interesar:

Unións Agrarias reclama más controles en la cadena láctea ante la situación de las granjas gallegas
Leche15 Sep 2026

Unións Agrarias reclama más controles en la cadena láctea ante la situación de las granjas gallegas

El ganadero cobró en julio 3,8 ct menos que hace un año … ¿ha bajado el PVP en el lineal?
Leche4 Sep 2026

El ganadero cobró en julio 3,8 ct menos que hace un año … ¿ha bajado el PVP en el lineal?

AGROMURALLA pide a la industria láctea que revise los precios de los contratos vigentes
Leche3 Sep 2026

AGROMURALLA pide a la industria láctea que revise los precios de los contratos vigentes

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web. Política de privacidadAceptarRechazar