• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo inicia unha nova etapa de mobilizacións centrada en denunciar as importacións masivas de leite non galego

Leche 6 Abr 2016 0

A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo (PDSL) anuncia que, esta mesma semana, inicia unha nova etapa de mobilizacións que, desta vez, estarán centradas en denunciar a entrada de leite de fóra de Galiza para fornecer as industrias que operan na nosa terra.

Tras ter posto o foco nas prácticas comerciais abusivas das industrias, dos primeiros compradores e das cadeas de distribución alimentaria que operan no sector lácteo galego, queremos chamar agora a atención sobre un feito indignante: as provincias que máis leite producen de todo o Estado Español, A Coruña e Lugo, son as principais importadoras de leite foráneo. En concreto, n’A Coruña entraron 108.665 toneladas de leite e nata non galegos en 2015, mentres que en Lugo foron 58.239 toneladas. Estas importacións achéganse á cantidade de leite mensual que producen as nosas granxas, que en xaneiro de 2016 foi de 221.510 toneladas, e en febreiro de 211.578 tn.

Para a PDSL é inadmisible que as industrias afincadas na Galiza estean a importar leite e nata de maneira masiva cando lles están a impoñer ás nosas granxas fortes restricións á hora de producir, cando hai empresas que deixan de recoller de maneira arbitraria, e cando utilizan a sobreprodución como escusa para afundir os prezos en orixe até niveis de absoluta miseria. Respecto disto último, temos que seguir denunciando que o acordo lácteo non mellorou a situación das nosas granxas; máis ben empeorouna: nos novos contratos que se están a asinar para a nova campaña 2016-17 son cada vez máis as explotacións que se ven forzadas a vender total ou parcialmente a súa produción por baixo dos 20 céntimos, supostamente para leite en po. Neste senso, non sobra lembrar que o Ministerio de Agricultura cifrou os custes de produción para unha granxa media galega en 34 céntimos por litro.

Diante desta situación insostible, e tras quedar patente a absoluta ineficacia da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura para achegar solucións a esta crise, a PDSL iniciou unha nova vaga de protestas cunha manifestación diante dos edificios administrativos da Xunta, en Santiago de Compostela, o pasado 31 de marzo. Tras esta primeira acción, a PDSL convoca unha nova asemblea gandeira para o vindeiro venres, 8 de marzo, na área de servizo de Outeiro de Rei na Autovía A6. Nesta xuntanza organizaremos entre todos e todas a vixilancia dos camións cisterna que veñen de fóra de Galiza cargados de leite para fornecer as nosas industrias de cara a denunciar as prácticas dunha patronal leiteira que están levando á ruína miles de familias gandeiras na Galiza.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

El queso español de oveja y cabra se queda fuera del carro de la compra
Leche16 Jul 2026

El queso español de oveja y cabra se queda fuera del carro de la compra

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar