• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

FRUGA denuncia que a consellería do medio rural carece de un plan estratéxico para o lácteo galego

Leche 23 May 2016 0

Recentemente ven de se celebrar en Bruxelas unha reunión das autoridades comunitarias (ministros e ministras dos distintos gobernos da UE) para tratar a crise do sector lácteo e as novas que nos envían son totalmente dealentadoras. Demostran mais unha vez a falla de interese, tanto das institucións europeas como do goberno español e galego, por solucionar a grande crise que está a padecer o sector lácteo, sector clave para a economía galega, que de non lle pór solución mesmo pode acabar coa produción de leite en Galiza.

Pese ao comisario de agricultura da UE, Phil Hogan, recoñecer que “a situación é moi grave”, a Comisión Europea limitase a seguir profundizando nas súas políticas de libre mercado, impedindo a intervención pública, o que está a provocar unha sangría nos prezos coa conseguinte desaparición dun importante número de explotacións lácteas. A dia de hoxe en Galiza, xa non chegamos ás 9000 ganderías dedicadas a produción de leite.

Existe grande consenso entre o sector produtor da UE a respecto de cales son as medidas a adoptar. Estas pasan por a UE implementar mecanismos de intervención que permitan regular os prezos, e non por lle pasar a pelota aos estados membros, co único fin de que cada quen poña en practica reducións da produción segundo a súa conveniencia. Se esta redución da produción non se realiza a nivel europeo, somentes conseguiremos que os estados excedentarios transfiran os seus excedentes aos deficitarios, caso do estado español. O que pode implicar que a produción de leite no estado español, e especialmente na Galiza, vexa ameazada a súa supervivencia.

Desde a Federación Rural Galega, demandamos unha intervención clara das administracións, que permita regular a produción, con volúmenes mínimos que permitan vivir do leite, e con prezos dignos que permitan cubrir os custos de produción, redistribuíndo os dereitos de produción entre os estados membros, tendo de conta o balanzo produción-consumo, así como atendendo a criterios sociais e de falta de alternativas produtivas e non en base aos dereitos históricos.

Para iso é preciso que tanto o Ministerio como a propia Xunta de Galicia, fagan os seus deberes, por unha banda presionando nas instancias da Unión Europea e por outro lado deseñando un plan estratéxico para o sector lácteo Galego.

Este Plan estratéxico debe ter en conta a necesidade de ir consolidando un gran grupo lácteo galego, como existe noutras partes do estado, contrariamente ao que está sucedendo actualmente no que observamos como se están a multiplicar as iniciativas comercializadoras, que mesmo se poden converter en reinos de taifas enfrontados entre si competindo polo mesmo mercado. O que se necesita é un plan estratéxico que coordine as distintas iniciativas e lles de unha orientación na consecución de maiores volúmenes de litros e na diversificación da produción.

Esperamos que no futuro o goberno galego, empece a tomar o sector lácteo como un asunto de estado, algo clave no futuro deste país, do contrario un importante número de gandeiros e gandeiras galegas, veranse abocados a pechar.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

El queso español de oveja y cabra se queda fuera del carro de la compra
Leche16 Jul 2026

El queso español de oveja y cabra se queda fuera del carro de la compra

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar