O sindicato Unións Agrarias esixe a Consellería de Medio Rural que se liquiden o anticipo das axudas europeas da PAC correspondentes ao exercicio de 2016, dada a situación de extremada debilidade económica na que se atopan sobre todo as explotacións de leite de Galicia.
A organización agraria lembra que once comunidades autónomas españolas xa se ten iniciado ese desembolso económico ou van a inicialo nesta primeira semana de novembro, co fin de paliar os efectos das caídas de renda agraria que está provocando o afundimento dos prezos en orixe das distintas producións. Porén en Galicia aínda non hai noticias de cando se vai a iniciar o pago a pesar das incertezas polas que atravesa o sector.
Hai que ter en conta ademais, que a propia Comisión Europea xa ten autorizado desde o pasado 16 de outubro a liquidación das cantidades correspondentes ao exercicio do 2016.
En Galicia o adianto das axudas da PAC supón para os arredor de 20.000 agricultores e gandeiros que teñen feita a solicitude, unha entrada de fondos arredor 69.7 millóns de euros que lles permite ter unha mínima liquidez para afrontar os pagos máis urxentes, sobre todo nas explotación de leite.





Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.