Logo de coñecer o anuncio de investimentos para explotacións lácteas con problemas de liquidez que presentou onte o presidente da Xunta de Galicia, o sindicato Unións Agrarias que poñer de manifesto que de pouco vai a valer se non se acompaña de unha liña de contraavais que lles desataquen a fonte do crédito pechada para as explotacións pola alta carga de endebedamento que soportan.
Neste momento sen a implicación dunha empresa pública de capital risco como Xesgalicia que respalde ós produtores non só de leite, senón tamén de coello e vacún de carne, nunca poderán inxectar capitalización nas súas granxas porque situación desastrosa dos seus balanzos, que non da súa xestión, vai a supoñer un freo as entidades bancarias.
Polo que respecta os fondos para a fauna salvaxe, deberían de utilizarse para medidas preventivas para o lobo, e para o xabarín. Isto permitiría completar o modelo polo que ven apostando UUAA, que é o do control dos danos, de forma preventiva, mediante a xestión das poboacións nas épocas de caza, e as intervencións puntuais nas épocas de veda que coinciden coas campañas de sementeira dos cereais.
Falta a última pata do modelo que é o do pago dos danos que a pesar das medidas de control, sempre se van a producir, pois non existe o risco cero, e sempre que haxa fauna salvaxe, vai haber danos. O que se ten que facer é traballar para que os danos sexan os mínimos posibles xestionando, e pagando aqueles que se dean a pesares dos esforzos de control.
No ámbito do bloque de medidas referidas ao impulso das plantacións de castiñeiros, Unións Agrarias valora positivamente o feito de que se aposte pola diversificación agraria e do monte. Pero que entendemos se debe de facer dentro do marco do PDR, de xeito que a intervención sexa cofinanciable.
Ademáis, desde o sindicato pídese que se teña especial coidado coa ordenación dos cultivos, a hora de repoboar con soutos. De xeito que so se entreguen fondos a produtores que sexan perceptores de PAC en activo e non a xente xa sen actividade que ata o de agora cedía as terras a gandeiros para o seu uso. De non ser así o único que se conseguirá e ver como se expulsa gando dos prados co fin de plantar castiñeiros co obxectivo de ser una complemento de xubilacións.
Finalmente, respecto do ao impulso as concentracións parcelarias, UUAA reclama que se prioricen aquelas terras nas que hai produtores en activo para favorecer a creación de parcelas rendibles.





Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.