A folga de transportes está incidindo gravemente na cabana porcina galega onde xa se están a dar casos de canibalismo ó carecer de alimento gran parte do 1.600.000 cabezas. A folga que colleu desabastecidos ós productores está a producir igualmente que as porcas non teñan leite para os seus leitóns, co que se teme que se produza unha grande mortandade de animais a partir de mañán.
Ainda que se prometeu o establecemento de servicios mínimos de transporte para o fornecemento das granxas, o problema non quedará resolto mentres non se desbloquee, nos portos de Marín e A Coruña, a saída dos camións de cebada, millo e soia coa que as grandes fábricas existentes en Galicia elaboran os piensos.
Fronte a dramática situación na que se ve abocado o campo, Xóvenes Agricultores entende que non son de recibo as declaracións de políticos galegos nas que se escudan en que o problema debe resolvelo Madrid. Moi ó contrario o goberno galego deberá afrontar o problema e darlle solución urxente, antes de as perdas sexan ruinosas.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.