• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Xóvenes Agricultores esixe ó Ministerio a urxente negociación dun novo plan lácteo

Leche 6 Jul 2007 0

Para Xóvenes Agricultores o plan lácteo do Ministerio debe retirarse de inmediato e comenzar a negociar un novo que teña en conta a realidade do sector nun momento onde se están a producir novidades importantes tales como a máis que previsible desaparición de cotas no ano 2015 e unha importante baixa da producción nos mercados mundiais. A nosa organización ten igualmente moi en conta que, na situación actual, este plan perxudica gravemente os intereses dos gandeiros galegos.

Para calibrar a gravidade da situación so fai falla analizar a aplicación do plan nos dous últimos anos: na campaña 2005-2006 repartíronse 290.000 Tm das cales a Galicia lle corresponderon 177.000, é decir un 61,48% do total, mentras que na última campaña, coa incorporación da rexionalización das cotas, repartíronse 240.000 Tm das cales foron para os nosos gandeiros en torno as 100.000 Tm, un 42,5% do total.

Ademáis na campaña 2005-2006, un total de 7.873 explotacións recibiron cota e nesta foron escasamente 2.400 as que viron incrementada a súa cota.

De seguir con este plan lácteo, Galicia terá cada día máis difícil acadar cota. O cal é especialmente agraviante se temos en conta que a baixa da producción leiteira en todo o Estado foi, na ultima campaña, dun 1,75% (porcentaxe similar a do resto de países da UE e dos principales productores mundiais), mentres que na nosa comunidade aumentou un 2,51%.

Polo tanto, desde XXAA reclamamos un novo plan onde se contemple a transferencia de cotas entre particulares, un abandono indemnizado, que en ningún caso pode ser a un menor prezo ca na anterior campaña, e un reparto de cota totalmente gratuíto, xa que a amortización da mesma ante o novo escenario da política europea e máis que dubidosa, e debemos recordar que so nos dous últimos plans os gandeiros galegos desembolsaron máis de 53 millóns de euros.

Esta situación impide que a maioría das explotacións poidan incrementar a súa producción. De feito, nesta campaña soamente o fixeran algo máis de 2.000 das 15.000 existentes na nosa comunidade, algo que na maior parte delas é necesario para facer fronte o aumento do costo de pensos, abonos, gasóleo, luz e demáis imputs da explotación; iso sin ter conta as desproporcionadas medidas fiscais establecidas polo Goberno.

Por outra banda, Xóvenes Agricultores demanda da industria unha politica seria , profesional e con acordos que teñan en conta a todo o sector, e que desbote decisións unilaterais como a da última baixada de prezos, que segundo tódolos indicadores de mercado era totalmente injustificada. De feito, e dado a actual situación dos mercados o pago aos productores deberíase incrementar por riba dos 6-7 cts. de euro por litro.

Santiago a 5 de xullo de 2006

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar