• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Lídia Senra expón a posición da ECVC diante do Grupo de Expertas/os da UE en materia de sector leiteiro

Leche 3 Feb 2010 0

Na mañá de ayer Lídia Senra Rodríguez, -Secretaria de Organización do SLG e Responsábel de Sectores Gandeiros na Coordenadora Europea Vía Campesina (ECVC)-, expuso en Bruxelas diante do Grupo de Expertos/as da UE en materia de sector leiteiro as respostas da coordenadora labrega á segunda rolda de consultas sobor da política leiteira europea que está a realizar a Comisión europea, logo da realizada en novembro1 do ano pasado.

A Comisión está a plantexar aos produtores e produtoras de leite tres cuestións principais:

1. Son apropiados os instrumentos de mercado actuais?

2. Que novas ferramentas poderían desenvolverse para axudar aos labregos/as a afrontar mellor os riscos do mercado co fin de reducir a volatilidade dos seus ingresos? Poderían esas ferramentas ser compatibles coa Caixa Verde da OMC?

3. É necesario organizar un mercado de futuros para o leite?

Na súa intervención a ECVC, a través de Lídia Senra, denunciou primeiramente que hoxe en día o mercado está a se xestionar principalmente en función dos intereses da industria leiteira e das grandes distribucións, cando o seu obxectivo debera ser o mantemento dun tecido de explotacións de produtores/as de leite no territorio europeo que poidan vivir principalmente da súa produción grazas a un prezo do leite xusto, ofrecendo tamén aos consumidores/as produtos lácteos a prezos xustos.

Na súa valoración dos instrumentos de mercado existentes arestora, a ECVC avoga polo mantemento da intervención e do sistema de cotas, pero mellorado, xa que no momento da súa posta en marcha as cotas foron distribuídas inxustamente entre países e tamén entre produtores/as, primando ás grandes explotacións, ao tempo que se estipulaban ademais nun nivel de produción superior á demanda europea, o que está a facilitarlle á industria a presión á baixa sobre os prezos, como ben estamos a comprobar no caso do sector produtor da Galiza.

A Responsábel de Sectores Gandeiros da ECVC aclarou tamén que este control da produción terá que ser levado adiante polos poderes públicos en colaboración coas organizacións agrarias e demais actores do sector.

Abordando outro tipo de medidas vixentes na actualidade, a Vía Campesina aposta pola retirada das subvencións para as exportacións. A cambio, a UE debería poder protexerse das importacións a baixos prezos por medio de dereitos arancelarios axustables. Neste senso, tamén é necesario cuestionar a obrigación que ten a UE de importar o 5% da produción de calquera tipo, estipulada no acordo da OMC do 1994.

No tocante ás novas ferramentas para o sector e a súa relación coa Caixa Verde da U.E. (pregunta 2 da Comisión), calificada de “timo para os terceiros países” na intervención de hoxe da ECVC, a coordenadora asegurou ao grupo de expertas/os da UE que tanto a Caixa Verde coma o acordo da Organización Mundial do Comercio (OMC) non fixeron máis que “blanquear” o dumping económico da UE e doutros países ricos.

“Se a U.E. procura defender unha política láctea lexitimada internacionalmente -afirmou Lídia Senra-, se desexamos que as explotacións de produtores/as de leite non desaparezan de numerosas arias de produción europeas, será necesario cambiar as formulacións actuais”.

Para que os produtores e produtoras de leite poidan vivir da súa produción e o seu traballo, necesítanse prezos xustos e estables. Para iso, hai que impedir a formación de excedentes estruturais e reequilibrar a repartición do valor engadido entre a distribución, a transformación, e os produtores/as.

?Os instrumentos seguintes, propostos pola ECVC, haberían de substituír aos actuais:

1. Desenvolver unha xestión mellorada da oferta, adaptable á evolución da demanda europea, e ben repartida entre os estados, zonas de produción e produtores/as.

2. Vincular os dereitos arancelarios -tomando como referencia o custo medio europeo de produción sustentable- ao cesamento de todas as exportacións subvencionadas directa ou indirectamente .

3. Atribuír pagos limitados directos por activo agrícola ás explotacións lácteas das areas desfavorecidas agroclimáticamente, onde os custos de produción son máis elevados.

4. Desintensificar a produción láctea cando esta sexa demasiado intensiva e dependente da importación de proteínas vexetais e outros insumos., fomentando en Europa o cultivo de proteína vexetal, así coma os métodos de produción láctea máis parcos en insumos e en emisión de gases de efecto invernadoiro.

5. Definir un prezo mínimo de produción para tempos de crise, por baixo do cal a industria leiteira non poida comprar aos produtores/as.

6. Establecer unha transparencia das marxes para todo o sector de obrigado cumprimento.

Mercados de futuro

Para a Coordenadora Europea Vía Campesina, se a UE expón a idea dun mercado de futuro para o leite, faino porque, a pesar da crise financeira, económica e ecolóxica, non desexa cambiar o destructor marco actual, e acepta a volatilidade dos prezos como unha circunstancia máis, no canto de proporse uns prezos estables e remuneradores como obxectivo.

A maior parte das explotacións leiteiras non contan cos medios financeiros necesarios para entrar no sistema dos mercados de futuro, que só resultarían interesantes para para os fondos de especulación, a gran distribución e a industria láctea.

Esta última desexaría acompañalo ademais dun sistema de contractualización. Deste xeito, fixando os prezos mediante contratos, as industrias leiteiras poderían controlar os seus custos de aprovisionamento, o que lles sitúa nun posto óptimo para obter plusvalías pola venda nos mercados de futuros.

Ao fomentar os mercados de futuros como instrumento de control do risco-prezo foméntase tamén a volatilidade dos prezos, que son desfavorables para os produtores/as.

Os mercados de futuros incrementan, polo tanto, o risco de que se produza unha crecente concentración da industria dos negocios internacionais e da transformación agroalimentaria.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar