• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

A Consellaría de Medio Rural volve deixar na estacada ás explotacións agropecuarias afectadas polos danos da fauna salvaxe

Vacuno 22 Oct 2010 0

A dirección xeral de Conservación da Natureza, dependente da Consellaría de Medio Rural, incluirá tan só 28.000 € na partida destinada a cubrir as axudas destinadas a prevención de ataques da fauna salvaxe.

O numero de explotacións que van poder desenvolver medidas de protección ascenden a 23, cantidade irrisoria en comparación cos ataques da fauna salvaxe que sofren as explotacións agropecuarias galegas (e iso que non se rexistran todos os ataques producidos, debido a que a xente afectada non denuncia diante da complexa tramitación burocrática que hai que seguir e a baixa contía das axudas). Esta situación leva a que, estatisticamente, figure tan só unha parte dos ataques que se producen, feito que provoca que se reduzan aínda máis as partidas orzamentarias para esta fin.

Para o Sindicato Labrego Galego, a partida orzamentaria destinada por Conservación da Natureza é manifestamente insuficiente, xa non só polas poucas explotacións que ser verán amparadas nunha problemática que afecta ao país enteiro; senón porque estas subvencións deberían ser a fondo perdido e cubrir os custes totais das medidas protectoras para que non supuxesen ningún custe para ás explotacións, que non teñen ningunha culpa dos estragos ocasionados pola fauna salvaxe.

Sen dúbida, o problema de fondo do que deriva esta situación é que nin a Xunta, en xeral, nin as áreas de Medio Ambiente e Medio Rural, en particular, están a apostar por unha ordenación real do territorio que dea prioridade e protexa os usos ancestrais do medio rural e, a maiores, posibilite a convivencia entre as actividades agrogandeiras e forestais, por unha banda, e a fauna salvaxe, por outra.

A pesares de que a responsábel de Medio Ambiente, Terra e Montes do SLG, Charo Sánchez Parga, mantivo un encontro co director xeral de Conservación da Natureza, Ricardo Borregón, no mes de febreiro; e a pesares de terlle presentado unha batería de propostas para solucionar a problemática devandita, esta organización agraria non recibiu outra resposta que a raquítica partida orzamentaria que se destinará para paliar un problema que está a poñer en xaque moitas explotacións do país que, dada a crise de misérrimos prezos que sofren o meirande dos sectores produtivos, verán seriamente ameazada a súa viabilidade.

A sociedade que goza do medio ambiente debe ser consciente da contribución que realizamos os labregos e as labregas ao mantemento das zonas rurais. Ao ser o patrimonio natural un ben de todos e de todas, a responsabilidade do súa mantenza e conservación debe recaer sobre o conxunto da sociedade. É imprescindible que os labregos e as labregas sintamos plenamente o apoio e o recoñecemento da sociedade. Para o SLG, compete á Administración Pública a maior responsabilidade neste terreo, xa que teñen nas súas mans dúas ferramentas para marcar o rumbo que a sociedade debe emprender nesta cuestión: capacidade normativa e competencias de xestión.

Nembargante, a Consellaría de Medio Rural, na problemática dos danos da fauna salvaxe sobre as explotacións agropecuarias, deixa ao colectivo labrego nunha situación de desamparo e soidade que afonda na tendencia ao abandono da actividade agraria e dos espazos rurais o que, a maiores, agudiza no feito de que a fauna salvaxe estea chegando ás nosas parroquias e aldeas, resultando máis doado o seu acceso ás explotacións.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

¿Se podría ya activar la clausula de salvaguardia frente a Mercosur?
Vacuno24 Jul 2026

¿Se podría ya activar la clausula de salvaguardia frente a Mercosur?

Patrones microbianos del rumen, clave para seleccionar a las vacas más sostenibles y eficientes
Vacuno24 Jul 2026

Patrones microbianos del rumen, clave para seleccionar a las vacas más sostenibles y eficientes

758.000 vacunas más para frenar la dermatosis nodular en el ganado
Vacuno15 Jul 2026

758.000 vacunas más para frenar la dermatosis nodular en el ganado

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar