O sindicato Unións Agrarias congratulouse de que a Consellería de Medio Rural incorporase unha alegación ao decreto de declaración de utilidade pública das medidas de erradicación do nematodo do piñeiro realizada por esta organización no marco do Consello Agrario.
Dita achega demandaba que a nova norma recollese especificamente que o prezo da madeira sobre o que se descontarán os custes de corta ao propietario, será o prezo da madeira en cargadeiro, xa cortada e apiñada, e non do prezo da madeira en pé como se viña afirmando dende distintos medios.
O sindicato trasladoulle así á Administración autonómica unha das principais preocupacións dos produtores forestais que viven con expectación as medidas que se están a tomar para controlar e erradicar esta enfermidade do piñeiro.
Sen embargo, Unións Agrarias lamentou esta mañá na reunión do Consello Forestal de Galicia que este decreto non inclúa o pago aos propietarios aos que se lles eliminen repoboacións aínda sen valor comercial. Para UUAA sería conveniente nestes casos, aplicar o método de valoración aplicado nos supostos de ‘expropiación de voo’ de plantacións e arborados utilizado nas liñas eléctricas, onde ao propietario se lle valora o valor da madeira cando son árbores madeirables, ou o custe da repoboación forestal eliminada cando se trata de arbores non comerciais.






Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.