• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Unións Agrarias advirte á Xunta de Galicia de que a falta dunha actuación inmediata en relación a CLESA estenderá a inestabilidade a todo o sector lácteo

Leche 22 Feb 2011 0

O sindicato Unións Agrarias vén de advertir á Xunta de Galicia de que a falta dun posicionamento en relación coas decisións financeiras empresariais que se están a tomar por parte da empresa CLESA e que afectan directamente a Comunidade Galega, estenderá a inestabilidade a todo o sector lácteo nun momento de situación moi debilitada para o mesmo.

Para a organización sindical é indispensable e totalmente necesaria que o Goberno galego tranquilice ao sector lácteo co fin de dar estabilidade ao mercado e non xerar así unha situación de crise maior. De non darse este aval, cabe a posibilidade de que esta situación se contaxe a outras industrias e que sufra as consecuencias o prezo do leite cunha baixada do mesmo, o que prexudicará aos gandeiros que están a afrontar serias dificultades na actualidade derivadas do alto prezo dos insumos.

Ademais, Unións Agrarias quere deixar claro que ao drama laboral dos 160 empregados da planta de CLESA en Caldas de Reis, Pontevedra, hai que sumar as 6 empresas de primeiros compradores, provedores da marca, e o das 523 familias propietarias das explotacións que a sorten que non só ven en perigo o seu posto de traballo senón tamén a viabilidade da súa explotación e polo tanto a súa supervivencia, con consecuencias nefastas para o sector primario galego.

O secretario xeral de Unións Agrarias demandou da Xunta en días pasados que avale as operacións das seis empresas de primeiros compradores afectados polas decisións de Nueva Rumasa en relación coa marca CLESA que compran leite a 523 explotacións galegas. O volume de débeda destes compradores ascende neste momento a 3.771.000 euros. Para a organización sindical este é unha accións cun custe mínimo fronte aos graves prexuízos que se poden ocasionar no sector no caso de que non se reconduza esta situación.

Neste sentido, cabe salientar que as operacións que se están a realizar en Galicia por conta da empresa CLESA poden afectar en boa medida ao mercado interno do sector lácteo da comunidade, xa que a empresa abastécese de máis de 500 explotacións situadas principalmente nas provincias de A Coruña e Pontevedra, absorbendo a diario 300.000 litros de leite.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar