• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

As misérrimas indemnizacións para o sacrificio obrigatorio de gando por enfermidade condenará ao peche ás explotacións afectadas

Vacuno 19 Abr 2011 0

O pasado 14 de abril, saía publicado no BOE o real decreto que fixa as indemnizacións para compensar as perdas por sacrificio obrigatorio de animais no marco das campañas de erradicación de enfermidades como a tuberculose, a brucelose -tanto bovina como ovina e caprina-, a lingua azul e as encefalopatías esponxiformes transmisíbeis.

Tras facer unha análise do real decreto, non queda máis remedio que dicirlles a gandeiros e gandeiras que recen, como na Idade Media, para que non teñan demasiados positivos por enfermidade nas súas explotacións xa que, vistas as contías coas que se lles indemnizará, en moitos casos terán que pechar a explotación.

Vexámolo con cifras: a indemnización por unha vaca de leite de entre dous e catro anos é de 700 €, cando o seu valor de mercado pode superar os 3.000 €; o sacrificio dunha vaca Rubia Galega de seis anos, no mellor da súa vida produtiva e con moitos anos aínda por diante, merece unha indemnización de 240 €, cando o seu valor tamén pode superar os 3.000 €; unha ovella ou unha cabra, tamén na mellor idade produtiva, terían 70 euros de compensación, cando o seu valor anda entre os 150 e os 200 €. Estas indemnizacións son algo superiores no caso de baleiros sanitarios e en explotacións que están integradas en asociacións de defensa sanitaria gandeira (ADSG) pero, aínda así, seguen a ser unhas contías irrisorias.

Dito noutros termos: hai casos nos que a indemnización non chegará nin a cubrir a décima parte do valor do animal, o que significa que o resto do valor vano ter que poñer unhas explotacións que non están moi ben economicamente -polo incremento constante dos custes de produción (alimentación animal, carburantes, abonos, electricidade, etcétera) e polo estancamento e baixada dos prezos en orixe-, e por mor da perda dos seus animais. En resume, cun revés destas características, e vistas as indemnizacións, moitas explotacións estarán obrigadas a pechar.

Dende o Sindicato Labrego Galego seguimos a defender que os sacrificios obrigatorios deben ser indemnizados ao 100 % do valor real, baixo o principio de “animal morto, animal posto”, xa que os labregos e labregas non teñen por que pagar epidemias das que non son máis que vítimas, e abondo teñen con termar da explotación coa caída de produción que implica eliminar animais. Ademais, moitas destas epidemias son causa directa de políticas absolutamente erráticas, coma no caso das encefalopatías esponxiformes transmisíbeis, por permitirlles utilizar fariñas animais aos especuladores da alimentación gandeira; ou no caso da lingua azul, cunha vacina obrigatoria que matou moitos máis animais que a propia enfermidade.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

¿Se podría ya activar la clausula de salvaguardia frente a Mercosur?
Vacuno24 Jul 2026

¿Se podría ya activar la clausula de salvaguardia frente a Mercosur?

Patrones microbianos del rumen, clave para seleccionar a las vacas más sostenibles y eficientes
Vacuno24 Jul 2026

Patrones microbianos del rumen, clave para seleccionar a las vacas más sostenibles y eficientes

758.000 vacunas más para frenar la dermatosis nodular en el ganado
Vacuno15 Jul 2026

758.000 vacunas más para frenar la dermatosis nodular en el ganado

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar