• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O Sindicato Labrego Galego apoia o plan de traballo da Xunta para o sector lácteo pero demanda medidas urxentes para que suba o prezo do leite en xaneiro

Leche 10 Dic 2012 0

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, convocou ás organizacións agrarias galegas para presentarlles unha proposta de traballo de cara a solucionar os principais problemas do sector lácteo. O Sindicato Labrego Galego estivo representado pola súa secretaria xeral, Isabel Vilalba, que ao remate do encontro destacou o compromiso de constituír, de xeito inmediato, varios grupos de traballo para abordar estas problemáticas, que necesitan solucións urxentes en temas como os prezos; ou máis a medio e longo prazo en cuestións como a dificultade de acceder a base territorial, un handicap que fai que as nosas explotacións vexan incrementado considerablemente o custe da súa actividade por depender de máis da compra de insumos externos como forraxes, cereais e concentrados para alimentar ás reses.

Isabel Vilalba cualificou de “imperiosa” a necesidade de acadar unha solución ao problema un prezo do leite que cubra, cando menos, os custes de produción. Para a secretaria xeral do SLG, “a construción do prezo do leite só pode ter como punto de partida os custes produtivos e, a partir de aí, a industria e a distribución deben engadir as marxes de beneficio da súa actividade. Mais agora mesmo estase a facer o contrario, e son as industrias e a distribución as que impoñen uns prezos en orixe artificialmente baixos, que non cobren eses custes produtivos e que están arruinando o sector. Isto tamén abre outra fronte de traballo, que consiste en lexislar para que se prohiba a imposición abusiva da venda a perdas ás explotacións, como até agora, e haxa transparencia na cadea de valor”.

Aínda que o documento asinado hoxe polas organizacións agrarias é só un punto de partida para traballar en cuestións como as devanditas, Isabel Vilalba insistiu en que este plan de traballo “debe materializarse, de xeito inmediato, en propostas concretas”, e reclamou que a recuperación dos prezos comece a facerse real a partir do leite cobrado en xaneiro, “pois non imos consentir que a industria siga impoñendo valores ruinosos ás nosas explotacións como acontece agora”.

Para o Sindicato Labrego Galego, a xuntanza de hoxe tivo unha gran importancia pois por fin, tras moitos anos de reivindicalas en solitario por parte desta organización agraria, a Xunta de Galicia e a Consellaría de Medio Rural introduciron na súa axenda de traballo cuestións das que até hai pouco estaba case prohibido falar, como a necesidade de dotar de maior base territorial ás explotacións e, polo tanto, de darlle unha protección especial ao solo para usos agrarios; ou o establecemento dun prezo mínimo que cubra os custes produtivos da actividade gandeira por baixo do cal non se lle poda pagar o leite a unha explotación.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Webinar Agrodigital · ICL Webinar Gratuito

NUE: Cuando cada nutriente cuenta

24 de Septiembre Inscríbete gratis →

Te puede interesar:

Los ganaderos gallegos, atrapados entre precios congelados y costes al alza
Leche31 Jul 2026

Los ganaderos gallegos, atrapados entre precios congelados y costes al alza

UUAA reclama en el Parlamento gallego un contrato de leche a prueba de crisis
Leche29 Jul 2026

UUAA reclama en el Parlamento gallego un contrato de leche a prueba de crisis

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar