• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O PP de Galicia traizoa ao sector lácteo e ao medio rural cunha Lei da Cadea Alimentaria que permite seguir vendendo a perdas

Leche 12 Jul 2013 0

De nada serviron as promesas do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cando no contexto da folga de entregas de leite de novembro de 2012 asegurou que ía traballar para que a futura Lei da Cadea Alimentaria non permitise a venda de leite a perdas ou por baixo dos custes de produción. Tampouco serviron de nada xuntanzas mantidas con deputados do PP de Galicia no Congreso, como Xaquín García Díez, ou co senador Xosé Manuel Barreiro. A Lei da Cadea Alimentaria aprobada hoxe, 11 de xullo, polo Senado, cos votos favorables dos senadores e senadoras do PP de Galicia, “constata os temores que tiñamos no sector produtor, ao que se deixa sen ferramentas eficaces para protexerse dos abusos das industrias e da distribución”, en palabras da secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane.

Deste xeito, a nova Lei da Cadea Alimentaria seguirá permitindo que industrias e distribución sigan a impoñer prezos por baixo dos custes de produción en orixe en todos os sectores agrarios e gandeiros, cuxo único recurso para oporse a esta situación de abuso descarado será a Lei de Competencia, que tipifica como delito a venda a perdas; iso si, se unha explotación quere denunciar, deberá meterse en longos e carísimos procesos xudiciais sen garantías de éxito, polo que as industrias e as distribuidoras poden estar tranquilas. Así as cousas, “o PP perdeu unha oportunidade histórica de crear mecanismos áxiles que senten as bases dunhas relacións comerciais xustas nos sectores agrogandeiros, garantindo a rendibilidade económica da profesión labrega”, asegura Vilalba. Por desgraza, os senadores e senadoras do PP de Galiza acataron puxeron a disciplina de partido por riba das súas promesas, traizoando e mentindo aos sectores agrarios e gandeiros da Galiza ao votar para que as industrias e a distribución sigan a pagar prezos ruinosos polo leite, a carne, as hortalizas ou as froitas.

Non sabemos se o Goberno Galego non fixo os seus deberes, se carece de peso político en Madrid para defender os intereses do medio rural galego, ou se pecou de ambas cousas. O que si sabemos é que o resultado das negociacións que fixeron posible a Lei da Cadea Alimentaria remataron no mesma calella sen saída de sempre: aquela na que seguen a gañar industrias e distribuidoras coas súas prácticas comerciais mafiosas e impunes; e volven perder os labregos e labregas, que terán que seguir sendo vítimas da extorsión das primeiras e vendendo o produto do seu traballo a prezos de miseria, afundindo aínda máis as principais actividades xeradoras de riqueza que manteñen vivo o escaso tecido social que sobrevive no noso medio rural.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación
Leche7 Jul 2026

Los Países Bajos fija estándares de emisión de nitrogeno a nivel de explotación

Baja el precio de la leche en mayo
Leche6 Jul 2026

Baja el precio de la leche en mayo

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas
Leche6 Jul 2026

Métodos mejorados para detectar influenza aviar H5N1 en leche y explotaciones ganaderas

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar