• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Entrevistas
Sección con el apoyo de

A Xunta defende os intereses de Galicia no reparto entre comunidades dos fondos da nova política agraria común

21/01/2014

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou en Madrid que nestes momentos de crise se conseguira que os fondos para a nova Política Agraria Común para o período 2014-2020 sexan equivalentes aos do período anterior (2007-2013) a nivel estatal. Neste sentido, considerou positivo que se manteñan uns criterios de reparto nos que Galicia mantén o seu peso no conxunto do Estado.

A conselleira fixo estas declaracións no marco da Conferencia sectorial de Agricultura e de Desenvolvemento Rural á que asistiu esta tarde no Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Ademais lembrou que a nova Política Agraria Común establece unhas liñas de reparto do primeiro piar, é dicir axudas directas ás explotacións, que suporán para Galicia arredor de 160 millóns de euros. En canto ás do segundo piar, é dicir, as axudas destinadas á política de desenvolvemento rural, Rosa Quintana puntualizou que polo momento a cifra non está pechada e que será un aspecto que se debaterá mañá na continuación da Conferencia sectorial. Neste sentido, indicou que espera que Galicia non baixe dos 880 millóns de euros que tivo no período anterior.

Ademais a conselleira destacou que España e Galicia, en particular, “están asumindo unha posición moi valente ao ser a primeira vez na historia en que se vai a definir o que se entende por agricultor activo ligado ás axudas do primeiro piar”. Tamén destacou o seu convencemento de que Galicia acertará á hora de deseñar un novo Plan de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020 que impulse a actividade produtiva do rural e se afaste do PDR 2007-2013 «que foi deseñado por un goberno anterior que potenciaba a creación de pistas de pádel e tanatorios e que logo criticaba aos que nos víamos obrigados a levar a cabo ese tipo de infraestruturas sen apenas capacidade de decisión para deseñar novos proxectos».

Xestións

A titular de Medio Rural e Mar lembrou que no momento en que o ministro Arias Cañete chegou ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente “se lle deu unha volta completa á proposta de reforma da PAC” e isto foi valorado moi positivamente polas organizacións agrarias en Galicia a pesar de que agora estean a criticar o que anteriormente aplaudiron.

Lembrou ademais que no mes de xullo representantes de todas as comunidades autónomas se reuniron co ministro e que nesta xuntanza ase acadaron uns principios para a reforma “cos que estabamos de acordo todas as comunidades autónomas”. Estes principios, sinalou, “recollían en esencia todo o que en Galicia se tiña consensuado coas organizacións agrarias”.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre PAC ESPAÑA

  • Así se vivió ayer «el Superjueves del campo español» 30/01/2026
  • El Gobierno tramita una regularización extraordinaria y el campo reclama que llegue a tiempo para las campañas 28/01/2026
  • El transporte por carretera pide que las protestas agrarias no lo conviertan en “diana” 28/01/2026
  • El empleo agrario sube un 4,5% en el cuarto trimestre de 2025, según la EPA 28/01/2026
  • Se avecina el Superjueves 27/01/2026
  • 44 t en cisternas es un 8% más de costes por km, según CETM 26/01/2026
  • C. Valenciana bate en tierras abandonadas: 179.994 ha en 2025 26/01/2026
  • Sanciones de 3.000 € para intimidar a los agricultores, denuncia La Unión 23/01/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

QUIERO ESTAR AL DÍA

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo