• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

FRUGA esixe a constitución dunha interprofesional láctea galega para regular o prezo do leite na Galiza

Leche 4 Abr 2014 0

En outono de 2013 a crise derivada dos prezos baixos que reciben os/as produtores/as de leite galegos daba un respiro e os prezos recuperábanse debido principalmente á baixada de produción dos países exportadores e da súa influencia nos mercados internacionais. Deste xeito superábase, polo menos momentaneamente, unha das peores crises do sector lácteo galego.

Agora a situación semella volver a torcerse, xa que comezan a producirse novas baixadas do prezo do leite, que aínda que xa comezaramos a detectar anteriormente, vai ser neste segundo trimestre cando esta redución se faga efectiva na maior parte da explotacións.

Temos que lembrar que os prezos que se alcanzaron ultimamente corresponden ao mínimo necesario para que a produción de leite sexa rentable, os custes de produción seguen altos ou incluso subindo e por iso o mantemento destas cantidades son necesarias para o mantemento da propia actividade leiteira.

A gran distribución é a peza chave no cadea de valor do leite, ao continuar empregando o leite como produto reclamo nas superficies comerciais baixando o prezo moitas veces a ata chegar a unha práctica ilegal pero consentida como é a venta a perdas ou “dumping”. Isto provoca que a industria tamén o baixe ao sector produtor, e que, sendo este o eslavón máis feble da cadea, é o que paga a maior parte das consecuencias desta práctica do libre mercado.

Desde a Federación Rural Galega-FRUGA, primeiramente consideramos que esta baixada inxustificada do prezo do leite é consecuencia da falta de regulación dos mercados a nivel internacional, pero tamén da falta de interese da Xunta de Galiza e do Ministerio de Agricultura.Medidas como o paquete lácteo ou a Lei da cadea alimentar carecen de contido e de capacidade reguladora. Todo o sector produtor esperaba medidas que servisen para marcar claramente as regras polas que se terían de regular as relacións entre os distinto elos da cadea alimentar: sector produtor, transformador, comercial e distribuidor, e sobre todo no que ten a ver con a determinación dos prezos a percibir por parte do sector produtor, en lugar diso, estas medidas serviron na práctica como mera estratexia publicitaria.

Namentres que á Xunta de Galiza se lle enche a boca anunciando o “éxito” dos contratos homologados, a realidade é que o que podía ser unha ferramenta útil, acontece que, ao carecer dunha interprofesional láctea galega, estes contratos non serven para o que debera: fixar unha estabilidade de prezos no sector leiteiro galego.

Núñez Feijoo, con esta falta de interese deixa desprotexidas ás granxas galegas, polo que desde FRUGA demandamos, unha vez máis á Xunta de Galiza que deixe de facer propaganda e que traballe para finalmente constituir o que o sector lácteo galego precisa: unha interprofesional láctea galega.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

El queso español de oveja y cabra se queda fuera del carro de la compra
Leche16 Jul 2026

El queso español de oveja y cabra se queda fuera del carro de la compra

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar