• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Innovación
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

Isabel Vilalba denuncia que a Comisión Europea e os gobernos comunitarios seguen sen crear mecanismos para garantir prezos dignos no leite

Leche 20 Nov 2014 0

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, participou hoxe, 19 de novembro, no Grupo de Diálogo Civil para o Sector Lácteo (Civil Dialogue Group on Milk), que se celebrou en Bruxelas convocado pola Comisión Europea. Isabel Vilalba formou parte deste grupo consultivo como unha das representantes da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

Dunha sesión máis breve do habitual, a secretaria xeral do SLG destacou que se nomearon novos presidente e vicepresidente para que as cousas sigan coma antes. Respecto disto, Isabel Vilalba aclarou que “a presidencia e a vicepresidencia seguen ocupadas por representantes da industria e do comercio, e o sector industrial é, precisamente, o que está maiormente representado neste órgano consultivo para velar polos seus propios intereses, normalmente contrarios aos dos labregos e das labregas e da cidadanía. E o mesmo acontece coa nova Comisión Europea, cos gobernos e cos dous grandes partidos políticos que pactaron a súa composición. Todos traballan en complicidade para manter o status actual no que industrias e distribuidoras exercen unha posición de abuso e dominio na cadea comercial”.

Así, no Grupo de Diálogo Civil achegáronse datos do sector que confirman o que todos e todas sabemos: que na Unión Europea tódolos países -agás Grecia- están producindo por riba da súa cota láctea asignada, que a supertaxa se vai aplicar con total seguridade de acordo coa lei vixente, que o veto ruso afecta ao 1,5% da produción leiteira europea ou que mercados coma China seguen a esborrallarse, polo que non hai perspectivas de que o exceso de produción vaia ser absorbido porque non hai demanda para facelo. Agora mesmo xa se están a dar serios desaxustes entre a oferta e a demanda, cun derrube paulatino dos prezos que se vén producindo dende comezos de ano e que está a deixar ao meirande das explotacións con prezos por baixo dos custes de produción. A pesares da gravidade da situación, que se agudizará a partir de abril de 2015 coa fin do sistema de cotas, a Comisión Europea segue sen tomar ningunha medida efectiva e sen impulsar ningunha acción lexislativa para solucionar este grave problema que ameaza un sector estratéxico para o medio rural de toda a Unión Europea e sen que os diversos gobernos estatais ou rexionais fagan nada tampouco por evitalo. “Este problema semella non preocupar á nova Comisión Europea nin aos gobernos e partidos políticos que pactaron a súa composición”, asegurou Isabel Vilalba, “o único obxectivo desta xente é manter as actuais condicións de cara a garantir que a industria siga tendo materia prima barata para facer negocio, sen importar que iso poida supor a destrución de miles de postos de traballo ou o desmantelamento do tecido socio-económico en amplas zonas rurais comunitarias como Galiza”.

En nome da Coordinadora Europea da Vía Campesina, Isabel Vilalba expresou as súas críticas e o seu rexeitamento á actitude suicida da Comisión Europea para co sector lácteo, e abstívose de votar os novos nomeamentos.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Webinar Agrodigital · ICL Webinar Gratuito

NUE: Cuando cada nutriente cuenta

24 de Septiembre Inscríbete gratis →

Te puede interesar:

Unións Agrarias reclama más controles en la cadena láctea ante la situación de las granjas gallegas
Leche15 Sep 2026

Unións Agrarias reclama más controles en la cadena láctea ante la situación de las granjas gallegas

El ganadero cobró en julio 3,8 ct menos que hace un año … ¿ha bajado el PVP en el lineal?
Leche4 Sep 2026

El ganadero cobró en julio 3,8 ct menos que hace un año … ¿ha bajado el PVP en el lineal?

AGROMURALLA pide a la industria láctea que revise los precios de los contratos vigentes
Leche3 Sep 2026

AGROMURALLA pide a la industria láctea que revise los precios de los contratos vigentes

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web. Política de privacidadAceptarRechazar