• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG denuncia a falla de resposta de Medio Rural e Agricultura diante da difícil situación do sector lácteo

Leche 10 Feb 2015 0

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, e o coordinador dos Sectores Gandeiros no SLG, Xabier Gómez Santiso, ofreceron hoxe, 9 de febreiro, en Lugo, unha rolda de prensa para denunciar a pasividade coa que o Ministerio de Agricultura e a Consellaría de Medio Rural están a afrontar a crise de prezos que vive o sector lácteo e a inminente desaparición do sistema de cotas, a partir de abril.

O primeiro en falar foi Gómez Santiso, que fixo unha radiografía rápida dun sector que, na Galiza, sufriu unha caída de prezos máis forte en comparación con outras comunidades e países da Unión Europea, encaixando un prezo medio 2’5 céntimos inferior ao do resto do Estado. Os últimos datos publicados ao respecto corresponden ao mes de decembro de 2014, e falan dun prezo medio para o leite na Galiza de 31’95 céntimos. Aínda que é un prezo baixo de por si, aínda o é máis se pensamos que o meirande das granxas galegas, as que teñen unha produción igual ou inferior aos 300.000 quilos (o 85% do sector), teñen un prezo medio de 30 céntimos, valor que baixa a 28’95 céntimos nas granxas con menos de 100.000 quilos de produción. Dende logo, moi lonxe dos 40 céntimos por litro que cobra unha granxa leiteira en Andalucía.

“Vivimos un momento histórico para o sector lácteo”, afirmou Isabel Vilalba, “xa que en abril desaparece o sistema de cotas, temos problemas moi graves cos prezos e cos desaxustes entre a oferta e a demanda, e non se están a impulsar as ferramentas necesarias para solucionalos. Neste contexto, é inadmisible que responsábeis políticas como a directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, en vez de enfrontarse a esta problemática digan que van agardar seis meses a ver que pasa”.

Nin sequera os contratos son, no contexto actual, unha solución. “Todos e todas sabemos que os prezos do leite os impón unilateralmente a industria, sen que exista, na actualidade, ningún sistema de mediación entre as empresas e as granxas, nin ningunha referencia de prezos na que se contemplen os custes de produción”, explicou Isabel Vilalba. “Asinar contratos que fixen prezos ruinosos non só non soluciona ningún problema, senón que os agrava e lles dá rango contractual. Por iso, cremos que poñer como solución as medidas do paquete lácteo é seguir enganando ao sector. Neste senso, temos que criticar as falsas esperanzas que se están alimentando no sector, ao que se intenta convencer de falsidades como que a demanda de leite a nivel mundial vai en aumento e que hai un gran mercado potencial na exportación, algo totalmente falso que desmentiu esta mesma semana o Departamento de Agricultura dos Estados Unidos, que afirmou que a demanda de lácteos por parte de China ía caer un 5’6% no 2015; ou que non se sostén no actual contexto no que o veto ruso xa está a provocar excedentes”.

Para o Sindicato Labrego Galego, a solución á actual conxuntura pasa por crear mecanismos que xestionen a produción e controlen o mercado, tal e como están a facer no Reino Unido, onde se van pór en marcha medidas de sanción contra prácticas de abuso das distribuidoras. Isto último contrasta coa actitude do Estado Español, onde o único que fixo o Ministerio de Agricultura foi redactar un código de boas prácticas para as distribuidoras e pedirlles o seu cumprimento voluntario, medida que, a día de hoxe, xa demostrou o seu absoluto fracaso.

“Están en perigo miles de explotacións galegas e todo o tecido económico e social que hai arredor delas”, advertiu a secretaria xeral do SLG, “polo que nos parece inaceptable a actitude pasiva do Ministerio de Agricultura e da Consellaría de Medio Rural, sobre todo cando temos ferramentas para apoiar ao sector produtor, para apoiar a transformación do produto, e para crear leis que regulen o mercado”.

De cara informar e debater ao sector lácteo sobre toda esta problemática, o Sindicato Labrego Galego convocou unha asemblea que se celebrará este mércores, 11 de febreiro, nas instalacións do mercado gandeiro de Castro de Ribeiras de Lea.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar