A tramitación das axudas da PAC está a supoñer un auténtico caos derivado dos problemas informáticos que sufre a aplicación da Consellería de Medio Rural. O sindicato Unións Agrarias denuncia que estes reiterados fallos xunto co retraso mesmo na publicación da orden, vai a provocar que moitos dos perceptores queden fora de xeito totalmente arbitrario. A isto hai que sumar que non están cargadas no sistema a maioría das solicitudes polo que as entidades tramitadoras non poden trasladar os expedientes. Desde UUAA trasladóuselle a Xunta de Galicia que se amplíe ao máximo o prazo para presentar os expedientes, poñendo o seu remate no 15 de xuño e non no 15 de maio como está establecido ata o de agora. Unha problemática que se agrava polas dificultades que xeran as novidades que se prantexan para o verdeo.
Así, a normativa estatal establece que o requisito de diversificación de cultivos debe cumprise ben no ciclo de inverno ou no de primavera e permite a cada solicitante decidir cal é o cultivo principal en cada recinto no caso de dobres colleitas. Porén, o goberno galego decidiu que en Galicia, a diversificación de cultivos debe cumprirse en todo momento do ano e que o período principal do cultivo é o de primavera. Isto implica que a práctica tradicional da rotación herba-millo que fan as nosas explotacións non se poda acoller a unha das excepcións que establece a normativa do cumprimento de greening para aqueles casos nos que a herba represente máis do 75% das terras de cultivo e que se limite o cultivo do millo ao 75% das terras arables das explotacións que teñen unha superficie superior ás 10 Ha.
Polo que para poder cumprir coa obriga dos requisitos do greening e poder optar a un pago que representa a metade do importe que cobre cada explotación polos dereitos de pago básico a superficie a millo das nosas granxas reduciráse en máis de 15.000 Ha/ano e incrementaránse os custos de produción pola da compra de forraxes e alimentos de fóra da explotación.





Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.