• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Innovación
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O SLG continuará coa campaña de mobilizacións en Compostela e Bruxelas diante da falla de políticas para solucionar a crise do sector lácteo

Leche 7 Sep 2015 0

Trala xuntanza celebrada 5 de setembro en Lugo entre a conselleira de Medio Rural, Rosa Quintana, e un grupo de gandeiros; e tras saber que a política popular non anunciou ningunha nova medida que contribúa a solucionar a crise do sector lácteo; dende o Sindicato Labrego Galego reafirmámonos en continuar coas mobilizacións até que os gobernos de Galiza, do Estado e da Unión Europea lexislen para defender os intereses dos produtores e das produtoras fronte aos abusos e o espolio a que están a ser sometidos e sometidas, impunemente, pola industria e pola distribución.

En concreto, o Sindicato Labrego Galego, no seo da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo, porá tódolos seus recursos en dar continuidade á campaña de mobilizacións galega que, tras pasar polas principais comarcas gandeiras do país, recalará en Compostela este luns, 7 de setembro. A maiores, coincidindo coa xuntanza do Consello de Ministros e Ministras de Agricultura da UE, tamén participaremos, ese mesmo día, nas manifestacións que terán lugar en Bruxelas polo mesmo motivo, onde acudirá a nosa secretaria xeral, Isabel Vilalba Seivane, en calidade de representante do sector lácteo da Coordinadora Europea da Vía Campesina.

As mobilizacións de Compostela comezarán cunha tractorada o 7 de setembro. Ese día, os tractores concentraranse na explanada de Salgueiriños e, a partir das 12:00, farán un percorrido por toda a cidade. Os actos de protesta continuarán o 8 e 9 de setembro con manifestacións nas áreas comerciais de Fontiñas e As Cancelas, para rematar cunha grande marcha o día 10, dende Salgueiriños até San Caetano.

Dende o Sindicato Labrego Galego participará activamente nas tractoradas de Compostela e Bruxelas deste 7 de setembro porque entendemos que as medidas anunciadas pola Consellaría de Medio Rural e o Ministerio de Agricultura non serven nin para paliar a situación, nin moito menos para solucionar o problema. E o problema é unha política leiteira que sacrifica miles de explotacións na Galiza e en toda a Unión Europea cada ano para ir cara a un modelo no que uns poucos miles de macrogranxas industriais concentradas no centro de Europa produzan o leite que hoxe sae de 650.000 explotacións distribuídas por todo o medio rural europeo. Un modelo que ameaza con facer desaparecer a produción de leite na Galiza da que hoxe viven, directamente, 9.300 granxas coas súas familias e, indirectamente, ducias de miles de persoas e empresas. Por iso, para o SLG non valen os parches, e seguimos a pedir leis que protexan aos gandeiros e ás gandeiras dos abusos da industria e da distribución, leis que prohiban vender leite a prezos inferiores do que custa producilo, leis que protexan a capacidade produtiva de Galiza ou leis que fagan posible a negociación de contratos en pé de igualdade e garantan o seu cumprimento. En definitiva, queremos que os nosos gobernos lexislen para que haxa un control público do mercado e da produción leiteira co obxectivo de que centos de miles de gandeiros e gandeiras podan seguir vivindo dignamente do seu traballo na Galiza e na Unión Europea.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Webinar Agrodigital · ICL Webinar Gratuito

NUE: Cuando cada nutriente cuenta

24 de Septiembre Inscríbete gratis →

Te puede interesar:

Investigan en Córdoba una posible enfermedad tras la caída de producción láctea
Leche17 Sep 2026

Investigan en Córdoba una posible enfermedad tras la caída de producción láctea

Unións Agrarias reclama más controles en la cadena láctea ante la situación de las granjas gallegas
Leche15 Sep 2026

Unións Agrarias reclama más controles en la cadena láctea ante la situación de las granjas gallegas

El ganadero cobró en julio 3,8 ct menos que hace un año … ¿ha bajado el PVP en el lineal?
Leche4 Sep 2026

El ganadero cobró en julio 3,8 ct menos que hace un año … ¿ha bajado el PVP en el lineal?

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web. Política de privacidadAceptarRechazar