• Agrodigital - La web del campo
  • Contáctanos
  • separador
  • Anúnciate con nosotros
  • ✉︎ NEWSLETTER
  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión

O Sindicato Labrego Galego rexeita o acordo do sector lácteo porque non garante prezos dignos nin a recollida do leite

Leche 24 Sep 2015 0

Acompañan esta mensaxe un comunicado en pdf e unha fotografía correspondente á xuntanza que mantiveron os e as responsábeis de gandería de COAG, entre quen se atopa Isabel Vilalba (primeira pola esquerda) en representación de Galiza e o SLG

A secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba Seivane, estivo en Madrid , 23 de setembro, para participar na xuntanza do Ministerio de Agricultura na que se asinou o acordo do sector lácteo, e na posterior reunión da Interprofesional Láctea (Inlac).

Tal e como estaba previsto, o Ministerio de Agricultura sacou para adiante un documento (“Acordo para a estabilidade e sostenibilidade na cadea de valor do sector de vacún de leite”) que tivo o beneplácito das industrias e da distribución, pero que rexeitaron asinar o meirande dos gandeiros e gandeiras do Estado que representan COAG e UPA e, con estas organizacións agrarias, o Sindicato Labrego Galego.

O documento asinado hoxe non só non mellora a proposta inicial do 18 de agosto, senón que a empeora ao facer concesións ás industrias e distribuidoras. Por exemplo, desaparecen as alusións iniciais a prezos que cubran os custes de produción e se substitúen por algo tan vago como que os pagamentos das industrias “contribúan á sostenibilidade das explotacións”.

Tampouco aparece por ningures que estea garantida a recollida de todo o leite producido. No borrador presentado o 18 de agosto, podiamos ler o compromiso de que antes de finais de setembro se implante un contrato tipo de compravenda de leite no que se garanta ao produtor a recollida, a un prezo que permita a súa sostenibilidade e acorde co mercado, de polo menos un volume de leite equivalente á produción do gandeiro no último ano”. No documento asinado hoxe, desaparece a referencia temporal de finais de setembro e calquera referencia a garantir a recollida do leite.

En definitiva, o texto asinado neste 23 de setembro polo Ministerio de Agricultura, Asaja, cooperativas, industrias e distribuidoras non garante un prezo remunerativo que, como mínimo, cubra os custes de produción. Trátase dun documento que non concreta nada e que segue confiando a súa validez á boa vontade das industrias e das distribuidoras, esa mesma boa vontade na que se basea a Lei da Cadea Alimentaria que se supuña amparaba tantos miles de granxas que hoxe están ao borde da ruína.

Tanto o Sindicato Labrego Galego como a COAG cremos que é absolutamente imprescindible que o acordo vaia acompañado das suficientes garantías de cumprimento por parte dos axentes que o subscriban. E iso só é posible se hai un marco legal e un réxime sancionador que obrigue aos operadores a cumprir cos compromisos asumidos.

Por todo o devandito, nin o SLG nin COAG asinamos este documento que só se pode cualificar de decepcionante. En canto á resposta a adoptar, o Sindicato Labrego agardará á celebración da nova asemblea da Plataforma en Defensa do Sector Lácteo Galego que se convocou en Compostela para este venres, 25 de setembro, coa intención de analizar o acordo e valorar a que postura unitaria se chega ao respecto.

Deja un comentario Cancelar respuesta

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Te puede interesar:

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche
Leche23 Jul 2026

El Supremo confirma la sanción a Lactalis por el cártel de la leche

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras
Leche22 Jul 2026

Argelia impulsa en pleno Sáhara una macrogranja de 270.000 vacas lecheras

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España
Leche20 Jul 2026

Una granja de leche cierra cada 16 horas en España

Agrodigital
Contacto Anúnciate con nosotros

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario y obtener analítica web.AceptarRechazar