• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Política agraria / Política agraria España / Unions Agrarias insta a posta en marcha inmediata do protocolo de control de danos do Xabarín en Mesía

           

Unions Agrarias insta a posta en marcha inmediata do protocolo de control de danos do Xabarín en Mesía

04/05/2017

Unións Agrarias ven de solicitar da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente, a activación do protocolo de control de danos do xabarín, no Concello de Mesía, ante os danos que xa se rexistran por ataques de mandas de xabaríns, en parcelas recén sementadas con millo, como na parroquia de Boado, onde hai xa máis de 8 ha afectadas, que superarían os 6.000 euros de danos.

Hai que ter en conta que a campaña de sementeira acaba de ser iniciada, e de non tomarse medidas estes danos van aumentar de xeito exponencial nas próximas dúas semanas. É preciso facer un esforzo de control de danos especialmente nas dúas semanas seguintes á sementeira do millo, cando está aínda na terra o gran, ou recén xerminado. Para iso é fundamental a colaboración dos TECOR e sociedades de caza, xa que en caso de non colaborar tomando as medidas de control de danos acordadas no protocolo, se lles reclamarían os danos por vía xudicial, pois a Lei vixente de Caza de Galicia atribúe esta responsabilidade de sufragar os danos aos propios TECOR e Sociedades de Caza.

Para afrontar estas situacións de risco que ameazan ás colleitas, e evitar a xudialización da reclamación dos danos, existe un protocolo de actuación na que os afectados advirten dos danos ao Servizo Provincial de Caza, quen comunica os danos ao TECOR correspondente (neste caso o TECOR de Mesía), e se activan as medidas, que inclúen a realización de esperas e batidas extraordinarias por parte dos cazadores, que a Administración pode autorizar en 24 horas.

A sementeira do millo é un momento moi delicado xa que as parcelas recén sementadas son moi vulnerables, e mandas de ata 10 ou 12 xabaríns poden desfacer varias fincas de cultivo nunha noite, o que supón en sementeira unas perdas duns 1200 euros por ha, e convertese nun sobrecuste para os produtores, nunha campaña onde existe xa unha seria preocupación pola seca e a falta de normalidade nas precipitacións.

Igualmente a retirada das axudas da Xunta para indemnización polos danos do xabarís aos produtores, para as cales se habilitaron o ano pasado 600.000 euros, non foron convocadas para o presente ano por falta de orzamento, o que aumenta o grao de tensión e a necesidade de que todas as partes implicadas (Administración da Xunta e cazadores) asuman con dilixencia as súas responsabilidades para previr, evitar, ou no seu caso minimizar os danos, sendo indispensables as acción puntuais de caza e control poboacional.

Na provincia da Coruña se veñen cazando ao ano en temporada uns 2500 xabarís que non logran estabilizar as súas poboacións, que van a máis provocando serios problemas de accidentes de tráfico con 3,5 accidentes diarios, dos cales o 60% son causados polo xabaril.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre POLÍTICA AGRARIA ESPAÑA

  • La Unión pide rechazar el Decreto-ley de ayudas por incendios en Extremadura 02/10/2025
  • ¿Quiere saber los importes provisionales de los ecorregimenes 2025? 29/09/2025
  • Incendios Castilla y León: Ya está publicada la declaración responsable para solicitar la ayuda 29/09/2025
  • Donaciano Dujo y José Antonio Turrado, reelegidos al frente de ASAJA Castilla y León 29/09/2025
  • El MAPA abre la consulta pública de las ayudas por los grandes incendios 26/09/2025
  • El FEGA amplía los servicios en la nube de SIGPAC 26/09/2025
  • Unión de Uniones exige a Planas el cumplimiento de la ley de la cadena alimentaria 26/09/2025
  • Andalucía destina más de 22 M€ en nuevas ayudas para explotaciones afectadas por enfermedades 26/09/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo