O sindicato Unións Agrarias volta a pedir un exercicio de responsabilidade á Consellería de Medio Rural para que amplíe o prazo de presentación de solicitudes de plans de mellora para as explotacións gandeiras, logo de que se teña constancia de ata agora non chega ao 30% o número de expedientes respecto dos rexistrados en 2016.
A organización agraria xa denunciou a semana pasada que a Xunta adiou 20 días a publicación das normas complementarias nas que se fixan requisitos a cumprir, investimentos subvencionables e niveis de apoio para cada gasto, o que provocou un retraso xeral na tramitación de expedientes. Se a iso se suma que so se pode xestionar a solicitudes de axudas de xeito telemático, o resultado é que Medio Rural se vai a poder aforrar gran parte do orzamento previsto de 40 millóns de euros, pola imposibilidade dos produtores para tramitar os seus expedientes. Una situación que é extensible a tramitación das axudas para a incorporación de mozos e mozas á actividade agrogandeira que contan cunha dotación de 20 millóns de euros.
O sindicato agarda que os atrancos e retrasos burocráticos postos desde a Consellería non respondan a unha estratexia de recorte encuberto porque sería unha insensatez deixar as explotacións galegas sen esta inxección de renda, nun momento no que está en cuestión o seu futuro pola falta de liquidez.
UUAA insiste que si se mantén o prazo de peche da convocatoria no 2 de maio, a maior parte das solicitudes van a quedar fora porque a recompilación de documentación leva tempo e ademais estamos en plena campaña de ensilado nas granxas co que o tempo do dispoñen os produtores é moi limitado.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.