O sindicato Unións Agrarias ve esperanzador o anuncio de Medio Rural da nova convocatoria de axudas de Plans de Mellora para as explotacións gandeiras. Ao mesmo tempo desde a organización agraria solicítase a máxima axilidade na resolución dos expedientes para que os titulares das granxas poidan acometer as obras no verán.
A organización agraria lembra que no último exercicio quedaron fora das axudas máis de 1.500 expedientes. A priorización destas solicitudes debe estar regulada na orde que se publique tal como se comprometeu a Consellería do Medio Rural. Como neste momento non se atopa aínda incorporado, Unións Agrarias espera que isto responda a un erro de redacción e non a unha vontade explícita, porque suporía un dobre castigo para aqueles gandeiros que tendo presentado en tempo e forma a documentación agora se vexan fora novamente do concurso.
UUAA agarda maior xenerosidade da Consellería de Medio Rural, posto que considera que os 500 expedientes aprobados o ano pasado son de todo punto insuficientes para a demanda que se dá na base produtora.
Por outra banda o sindicato espera que se actúe desde a Xunta contra a política recadatoria do Ministerio de Hacienda que insiste “facer caixa” grazas as axudas recibidas de Medio Rural naquelas explotacións que rexistraron incorporación de xoves á actividade agrogandeira.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.