• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / FRUGA atribúe ás presións sociais e polticas exercidas desde galiza o cambio de criterios do Ministerio á hora de determinar a axuda por vaca para o sector lácteo.

           

FRUGA atribúe ás presións sociais e polticas exercidas desde galiza o cambio de criterios do Ministerio á hora de determinar a axuda por vaca para o sector lácteo.

21/10/2015

A señora ministra de Agricultura de España ven de verse obrigada a mudar os criterios para determinar os produtores obxectivo das axudas destinadas a compensar as dificultades económicas nos sector lácteo, de acordo con o Real decreto 849/2015.

Segundo o estabelecido no mesmo “para determinar os produtores obxectivo da axuda empregaranse os dados de rendibilidade mais recentes de acordo cos Boletíns de análise e beneficios e custes de produción que elabora o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente relativos ás tres granxas típicas de vacún de leite da Rede Nacional de Granxas Típicas (RENGRATI).”

De acordo co Boletín nº 20 do RENGRATI, último dispoñíbel, correspondente ao 2º cuatrimestre de 2014, 3º cuadrimestre de 2014 e 1º cuadrimestre de 2015, no que se analizan os resultados económicos de 50 granxas de Castela-León, 38 de Galiza e 64 de Andalucía, a partir dos que se elaboran unha serie de índices e se estabelecen tres granxas tipo unha para Castela-León, outra para Galiza e outra para Andalucía, chegase ás seguintes conclusións: Que as granxas con dereito a cobrar a axuda de 300€ por vaca en Castela-León terían de cobrar por baixo de 0,237€/Kg, na Galiza 0,245€/Kg e en Andalucía 0,315, si se collera a media das tres granxas tipo o prezo sería de 0,2656€/Kg. Para o caso da axuda dos 110€/vaca as granxas terían de cobra por baixo de 0,263€/Kg no caso das de Castela-León, 0,270€/Kg nas de Galiza e 0,340€ nas de Andalucía e a media é de 0,291€/Kg.

Con estes dados resultaba que todas as granxas galegas que cobraran por riba de 0,245 ficaban excluídas da axuda dos 300€ cando todas as andaluzas terían dereito a cobrala até chegar aos 0,315.

Isto provocou unha grande reacción social e política na Galiza, así a FRUGA e outras organizacións agrarias denunciamos o trato discriminatorio que ían recibir as nosas granxas, mas tamén organizacións políticas como o BNG trasladou este trato discriminatorio coa Galiza ao Parlamento español, onde a señora ministra chegoulle a dicir á parlamentaria galega que estaba a mentir.

Posteriormente e debido á reacción que se xerou na Galiza o Ministerio viuse obrigado a rectificar a tirar unha nota na que especificaba que terían dereito a cobrar a axuda de 300€ todas as granxas que cobraran por baixo de 0,259€/Kg e de 0,285€/kg para poder cobrar os 110€, que non se corresponden con ningunha das cifras obtidas no estudo da RENGRATI.

Esta decisión adoptada desde o Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente só pode ser atribuída ao grande barullo que se montou na Galiza perante o trato discriminatorio que estabamos a recibir por parte de Madrid, e agora para intentar enmascarar unha primeira decisión a todas luces inxusta, porque hai que lembrar que as granxas galegas son as que cobran os prezos mais baixos de todo o Estado español, saen con esta rectificación e mesmo intentando “vendernos a moto” de que agora Galiza vai obter o 80% das axudas, con todo e iso fican excluídas aproximadamente 4000 granxas galegas. Mas ten toda a razón de ser que Galiza sexa a zona mais beneficiada de acordo co dito anteriormente, porque somos e seguimos a ser quen peor cobra o leite de todo o Estado e mesmo de todas as zonas produtoras da UE.

De todos os xeitos desde a FRUGA queremos dicir que as mobilizacións dos meses do verao até setembro non foran para conseguir unhas axudas, que son pan para hoxe e fame para mañá, senón que foron e seguiran a ser para conseguir condicións dignas para poder vivir da nosa profesións, a produción de leite.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Precio de la leche en Europa cae un 2,6% en septiembre por la bajada de grasa y proteína 11/11/2025
  • InLac anima a los jóvenes en EXPO SAGRIS a quedarse en el medio rural 07/11/2025
  • Suben las entregas y el precio de la leche en septiembre 03/11/2025
  • ¿Tienen mis vacas estrés térmico? Mire la composición de la leche 31/10/2025
  • Sentencias favorables para ganaderos abulenses afectados por el cártel de la leche 29/10/2025
  • Nuria Mª Arribas: “InLac está comprometida con la sostenibilidad social, económica y medioambiental” 28/10/2025
  • Visto bueno de Bruselas a la compra de Milcobel por FrieslandCampina 24/10/2025
  • Unión de Uniones celebra la paralización de la macrogranja de Noviercas por el Tribunal Supremo 23/10/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo