A campaña informativa elaborada por Unións Agrarias “A nova PAC e a súas repercusións na cidadanía europea” foi onte galardoada en Bruxelas co primeiro posto nos Premios de Comunicación da PAC 2013 que anualmente outorga a Comisión Europea. A campaña, e a vaca PACa, e a súa mascota, recibiu o 42% dos votos dunha audiencia de especialistas en comunicación. En segundo e terceiro lugar quedaron as iniciativas propostas desde Croacia cun 39% de apoios e Eslovenia cun 19%.
Ata Bruxelas desprazouse, convidados pola Comisión Europea, unha delegación de UUAA encabezada polo secretario xeral Roberto García, quen na súa intervención ao recoller o premio manifestou a importancia de manter activas políticas comunitarias transversais como a PAC para equilibrar desde o punto de vista cultural, social, económica e ambiental o territorio da Unión Europea. A esta convocatoria de premios se presentaron de todos os países comunitarios máis de 100 proxectos, entre os que destacaban os realizados por cadeas de televisión e importantes axencias de publiciade. A campaña “A nova PAC e a súas repercusións na cidadanía europea” foi elaborada desde Galicia por UUAA, pero tamén se implementada coas delegacións territoriais de UPA en Extremadura, Murcia, Aragón e Andalucía.
Os seus obxectivos comunicacionais eran os de informar, concienciar e sensibilizar á sociedade en xeral sobre as funcións e a utilidade da PAC. Na súa labor divulgativa, a campaña estivo presente a modo de Granxa Móbil, xunto á vaca PACa, en 40 localidades, feiras locais e mercadiños, cinco feiras internacionais, dez universidades e centros de FP e en 40 centros escolares de Primaria y Secundaria. Ademáis tiveron lugar arredor desta iniciativa, 30 seminarios para o público xeral e 25 xornadas de portas abertas en explotacións reais para que a poboación sexa consciente, in situ, de la importancia da súa actividade.Porén a maioría da xente non sabe que a metade do solo da UE está dedicado á agricultura. Nin de que na Unión Europea existen 14 millóns de agricultores, que xeran o 6% del PIB europeo.





Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.