• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

O SLG pide a convocatoria da mesa do leite para rematar cos abusos e prácticas mafiosas das industrias lácteas

08/02/2013

As empresas seguen na súa teima de impoñer contratos leoninos que só lles benefician a elas e estancar os prezos moi por debaixo da cobertura dos custes de produción

Os compromisos aos que chegaron os diversos axentes do sector lácteo trala folga de entregas de novembro, serviron para demostrar, unha vez máis, a falta de palabra das industrias lácteas, que só entenden de maximizar o seu lucro aínda que sexa a costa do afundimento do sector.

Se un dos compromisos adoptados era o de ir subindo o prezo do leite até que este cubra, cando menos, os custes de produción nas explotacións; dende o SLG constatamos que, dende novembro, o valor do leite en orixe tivo unha recuperación mínima de 1 céntimo, estancándose neste nivel en decembro, de maneira que o litro de leite na Galiza está agora a 31 céntimos, moi lonxe dos 40 céntimos que custa producilo. Ademais, o diferencial do prezo de Galiza co resto de comunidades do Estado aumentou neste período.

O peor, é que as industrias tentan impoñer estes prezos de miseria aproveitándose dos contratos, que redactan con letra pequena e condicións leoninas. Se hai unhas semanas o Sindicato Labrego Galego denunciaba que Leite Río e Lactalis pretendían obrigar a asinar contratos retroactivos para pagar o leite do último trimestre de 2012 a prezos miserentos, agora o repertorio desta tentativa de estafa masiva e contractual aumentou. Vexamos algúns exemplos que puido constatar o Sindicato Labrego:

Nos contratos pon que o prezo se acorda entrambas partes, cando vén previamente imposto pola industria sen posibilildade de negociación.

Nos contratos pon que o produtor ou produtora renuncian á duración anual do mesmo. A lei obriga a que os contratos sexan anuais a non ser que o produtor ou produtora queira unha duración inferior. Neste caso, as industrias introducen cláusulas nas que se atopa esa renuncia por parte da explotación e os contratos se fan trimestrais.

Moitos contratos impiden unha variación de entregas ±2% mensual, variación que é imposible cumprir.

O SLG tivo acceso a modelos de contrato dunha industria que poñía como mediadora en caso de incumprimento a un ente do máis neutral: a Cámara de Comercio de Madrid.

Diante desta actitude das industrias, que dende o SLG xa denunciamos nas últimas semanas, solicitamos a convocatoria urxente da Mesa do Leite para esixir o cumprimento dos acordos acadados trala folga de entregas de novembro. Ademais, o Sindicato Labrego Galego demandará da Consellaría de Medio Rural e do Ministerio de Agricultura que saian da súa parálise e impulsen e aproben xa as medidas lexislativas necesarias -nomeadamente a Lei da Cadea Alimentaria- para poñer couto ás prácticas mafiosas da industria e para garantir a supervivencia e continuidade dos miles de labregos e labregas que aínda teñen o seu medio de vida na produción de leite ou de calquera outro produto agropecuario.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Presbiacusia (X. Iraola) 29/03/2026
  • Ganaderos de leche, contra la industria: «Sin leche no pueden transformar» 27/03/2026
  • Los ganaderos de leche no cubren costes y el campo asturiano sale a la calle este viernes 26/03/2026
  • Entrada masiva de excedentes lácteos europeos en el mercado español según FeNIL 26/03/2026
  • Castilla y León convoca los Premios Cincho 2026 24/03/2026
  • UPA CyL  reclama a las industrias lácteas que prorroguen los contratos de recogida de leche 24/03/2026
  • Los socios de Fonterra recibirán una media de 180.000 € tras la venta de parte del negocio 23/03/2026
  • Reclaman la prorroga de los contratos de leche a partir de abril 23/03/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo