• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

Os abusos comerciais da industria láctea ameazan con rebentar o proceso de construción de prezos xustos para o leite

25/01/2013

O Sindicato Labrego Galego vén de constatar presións das industrias lácteas para que as explotacións que lles fornecen asinen contratos retroactivos para o leite vendido nos últimos meses de 2012 a prezos ruinosos. Así, soubemos que Lactalis está presentando agora, en xaneiro, contratos para pagar o leite que mercou en novembro e decembro; tamén Leite Río, que está a ofrecer contratos de seis meses que inclúen o último trimestre de 2012 con prezos de 27 céntimos por litro. En resumidas contas, estas empresas tentan forzar a sinatura de contratos para mercar un produto que xa foi vendido, pagado e elaborado, o cal é de dubidosa legalidade. Mesmo houbo o caso dalgunha explotación que deixou de venderlle a Lactalis en decembro para cambiar a outra industria, e queren obrigala a asinar igual.

Afiliados e afiliadas do SLG tamén denunciaron que estas empresas tentan obrigar a asinar ás explotacións dicíndolles que o contrato é obrigatorio para poder acceder ás axudas da Política Agraria Común (PAC), algo que é totalmente falso e que fan que as prácticas comerciais destas industrias semellen máis unha tentativa de extorsión ou estafa, antes que operacións normais de compravenda.

Para o Sindicato Labrego Galego, este tipo de relacións mercantís abusivas demostran, ás claras, a escasa vontade da industria láctea por tentar chegar a acordos de prezos dignos en orixe que salven ao sector lácteo galego do abismo no que o está afundindo, precisamente, este xeito mafioso de comercializar o leite.

Xusto neste momento, no que se está desenvolvendo e negociando o mellor xeito de establecer un prezo para o leite que cubra os custes de produción e remunere dignamente a actividade gandeira, empresas como Lactalis ou Río ameazan con rebentar os fráxiles acordos acadados no sector trala folga de entregas de novembro. Isto demostra, unha vez máis, que o único xeito de que as industrias xoguen limpamente é impoñéndolles, a través de leis, normas que as obriguen a non pagar nunca por baixo dos custes de produción. Tamén demostra que os contratos en calquera sector agrogandeiro, sen unhas normas e unhas leis que os regulen e impidan abusos como os devanditos, non só non lle serven ás explotacións para nada, senón que as obrigan a ter que aceptar o inaceptable: vender a perdas o produto do seu traballo.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Presbiacusia (X. Iraola) 29/03/2026
  • Ganaderos de leche, contra la industria: «Sin leche no pueden transformar» 27/03/2026
  • Los ganaderos de leche no cubren costes y el campo asturiano sale a la calle este viernes 26/03/2026
  • Entrada masiva de excedentes lácteos europeos en el mercado español según FeNIL 26/03/2026
  • Castilla y León convoca los Premios Cincho 2026 24/03/2026
  • UPA CyL  reclama a las industrias lácteas que prorroguen los contratos de recogida de leche 24/03/2026
  • Los socios de Fonterra recibirán una media de 180.000 € tras la venta de parte del negocio 23/03/2026
  • Reclaman la prorroga de los contratos de leche a partir de abril 23/03/2026
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo