• Buscador
  • Contactenos
  • separador
  • SUSCRIBASE
  • Anuncios clasificados
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC – Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Está aquí: Home / Ganadería / Leche / UUAA: «En defensa do sector agrario, política, prezos e presuposto»

           

UUAA: «En defensa do sector agrario, política, prezos e presuposto»

23/11/2012

O sector agrario español atópase nun momento transcendental, que marcará a evolución deste na próxima década. O aumento disparado dos custos de produción, a imposibilidade de repercutir as devanditas subas no prezo de venda dos produtos agropecuarios e as malas noticias que chegan dende Bruxelas con respecto á nova PAC para o período 2014-2020, son demasiadas ameazas para un sector que se encontra nunha posición tan débil.

Os agricultores e gandeiros españois miran con enorme incerteza as negociacións que se están a levar a cabo no seo da Unión Europea. Actualmente, o debate sobre o novo modelo de PAC está centrado en dous temas fundamentais; Negociacións sobre o Marco Financeiro e Negociacións sobre o modelo de pagamentos directos.

Nestes momentos, os xefes de Estado e de Goberno da UE están a deliberar sobre o presuposto que se vai dedicar ao sector nos próximos sete anos. Na súa primeira proposta a Comisión Europea xa avanzou unha redución substancial próxima ao 12%, algo que empeorou e nos últimos documentos nos achegamos a reducións do 20%.

A única e primeira política común necesita, para asegurar a consecución dos seus obxectivos, un presuposto suficiente, manténdose polo menos no nivel actual. A PAC custa a cada cidadán 30 céntimos de euro ao día, parece un custo axustado se se analizan os beneficios que leva consigo.

De xeito paralelo o sector español recibiu un severo recorte dos presupostos establecidos polo Ministerio de Agricultura, deixando este departamento nunha situación de quebra total e abandonando por completo os agricultores e gandeiros ao estar en fase de desmantelamento as políticas agrarias que permitiron o sostemento do noso sistema agroalimentario os últimos 30 anos.

O borrador de presupostos do Ministerio de Agricultura ascende a 1,680 millóns de euros fronte aos 2,252 do ano 2012. Isto supón un descenso do 25.4%. Unha das partidas máis afectadas é a de seguros agrarios. Aos recortes nesta materia aplicados polas Comunidades Autónomas súmase agora este tremendo recorte, dunha quinta parte (-46,95 M€, -19,08%) da Entidade Estatal de Seguros Agrarios (ENESA).

É conveniente recordar que nestas datas coñecemos que o presuposto do Ministerio de Agricultura Francés para o ano 2013 ascende a uns 5,000 millóns de euros, o que supón unha mínima redución do 3% con respecto ao 2012.

A gandaría, afectada por un grave encarecemento de custos de produción e prezos dos seus produtos afundidos en orixe, verá como moitas das partidas que lle afectan máis directamente se derrubarán no próximo exercicio. No relativo ao Desenvolvemento Rural, ademais de recortes noutros aspectos, tamén se reduce o cofinanciamento do Ministerio de Agricultura nas medidas dos Plans de Desenvolvemento Rural (PDR), o que supoñerá unha perda de fondos comunitarios.

A grave crise de prezos que caracteriza ao sector, depende de xeito extraordinario dun reequilibrio da cadea de valor agroalimentaria e un reforzo da posición dos agricultores e gandeiros. O Ministerio remata de facer público, tras varios meses de atraso, un anteproxecto de Lei que pretende actuar nesta dirección.

Se ben é certo que este anteproxecto de Lei se pode considerar como un bo punto de partida, consideramos que para alcanzar os ambiciosos obxectivos necesarios para a supervivencia do sector agrario, se deben realizar unha serie de melloras no devandito texto.

Para asegurar un mínimo nivel de renda para agricultores e gandeiros, entendemos que a Lei debe introducir un sistema de arbitraxe ante a formalización dos contratos escritos, que as organizacións interprofesionais poidan utilizar indicadores de prezos ligados aos custos de produción na determinación do prezo dos contratos ou a prohibición explícita da venda a perdas.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • Suben las entregas y el precio de la leche en septiembre 03/11/2025
  • ¿Tienen mis vacas estrés térmico? Mire la composición de la leche 31/10/2025
  • Sentencias favorables para ganaderos abulenses afectados por el cártel de la leche 29/10/2025
  • Nuria Mª Arribas: “InLac está comprometida con la sostenibilidad social, económica y medioambiental” 28/10/2025
  • Visto bueno de Bruselas a la compra de Milcobel por FrieslandCampina 24/10/2025
  • Unión de Uniones celebra la paralización de la macrogranja de Noviercas por el Tribunal Supremo 23/10/2025
  • Nuria Mª Arribas: “Aunque el 98% de los hogares consume lácteos, solo el 45% alcanza las tres raciones diarias recomendadas” 21/10/2025
  • Salud del rumen: Un factor crucial para la productividad y el bienestar de las vacas 15/10/2025

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2018 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo