As organizacións agrarias Unións Agrarias e Xóvenes Agricultores, diante das informacións recollidas polos medios de comunicación sobre a publicación dun estudio elaborado pola Organización de Cosumidores e Usuarios, OCU, sobre da calidade do leite en España, manifestan o seguinte:
1º) Consideran de todo punto inaceptable a idea exposta no citado estudo, de que o incremento de produción de leite por vaca nos últimos 10 anos necesariamente supuxo unha merma de calidade do mesmo. A día de hoxe as explotacións lácteas galegas nada teñen que ver nin en xenética, alimentación ou manexo dos animais coas de hai 10 anos. Negar a evolución tecnolóxica no sector gandeiro é tan absurdo como facelo no informático.
2º) A calidade da produción láctea de Galicia ven sendo textada e avaliada polos laboratorios interprofesinais de referencia como é o caso do LIGAL, desde o momento da súa posta en marcha. Unha análise que se realiza tomando diariamente 3.000 mostras en orixe nas que se mide tanto a calidade como a presencia de elementos alleos a composición do leite. Neste sentido, hai que lembrar que acadar estos altos niveis de calidade foi posible grazas reconversión total que os grandeiros fixeron das súas explotacións.
3º) No informe da OCU faise referencia a determinados añadidos como estabilizantes que non figuran na composición do leite. Esto de ser certo, serían facilmente detectable de terse modificado, tal como veñen reclamando UUAA e XXAA, as normas de etiquetaxe.
Porque foron as organizacións agrarias as que motivaron normativas como a da Letra Q que persigue que os consumidores poidan coñecer tanto a composición coma a orixe do leite. Unha nivel de esixencia que produtores e consumidores comparten para acadar unha trazabilidade real entre a vaca e o brick de leite no lineal de supermercado.
4º) As organizacións agrarias alertan de que o informe da OCU prima as marcas da gran distribución o incluir o prezo como un índice de refencia esquecendo a inxusta composición do mesmo, en termos de emprego e sostenibilidade do sector lácteo, que fan as multinacionais. Neste sentido, cabe lembrar as súas constantes denuncias ante os órganos de competencia sobre excesiva concentración de capital e de poder nas mans dun par de multinacionais da grande distribución.
As marcas de distribución están construidas sobre a ruina do sector que ten traballar moi por debaixo do custe produción, ata o seu peche, momento no que os consumidores so terán a súa disposición produtos elaborados en paises con normativas menos exisentes. Sería desexable que a OCU actuase na defensa dos consumidores denunciando o uso do leite como produto reclamo que a distribución mete no mercado como venta a perdas, (o cal é un delito), do contrario lonxe de motivar unha compra maestra parece caer no engano maestro.
5º) Por último, as organizacións profesionais agrarias Xóvenes Agricultores e Unións Agrarias lamentan que a OCU non fixese públicos os datos técnicos e científicos do seu informe, polo que non se coñecen os parámetros utilizados nas análises. XX. AA. e UU.AA lamentan, tamén, a situación de indefensión dos produtores a propósito do estudo da OCU, xa que tentar extender as sospeitas sobre toda a cadea de valor é unha actitude inxusta para aqueles que cumpren estrictamente coa normativa, como é caso dos gandeiros galegos.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.