• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Remolacha y azúcar
    • Frutas y hortalizas
    • Insumos agrícolas
    • Vino
    • Olivar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • PAC España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Voces del campo
    • Entrevistas
    • Opinión
Sección con el apoyo de

O Congreso da Pataca do SLG reclama estabilidade e prezos dignos para o sector

18/03/2011

O Sindicato Labrego Galego vén de celebrar ayer, 17 de marzo, o seu Congreso da Pataca en Xinzo de Limia no que, amais de renovar responsábel e directiva para o sector, reafirmouse, tamén, na defensa das explotacións labregas e familiares que seguen a traballar neste sector.

A nova Dirección Nacional da Pataca do SLG, que se elixiu hoxe de maneira asemblearia, estará coordinada de novo por Manola Cerredelo, produtora de pataca de Sandiás que xa ocupou esta reponsabilidade durante os últimos catro anos; e por Juan José Penín, produtor de pataca de Lamas (Xinzo de Limia), como vicerresponsábel.

Algúns dos problemas que se identificaron no relatorio aprobado no Congreso da Pataca foron: Aumento constante das importacións de pataca foránea que provoca unha situación de prezos á baixa permanente, marxes comerciais abusivas entre os cartos percibidos polos labregos e labregas e os pagados no punto de venda, escasas iniciativas de asociacionismo que converten ao sector nun colectivo feble e fragmentado diante dos demais axentes da cadea comercial, contratos que non ofrecen ningunha garantía de prezo, ou gran dependencia das importacións para a pataca de sementeira que está a provocar serios problemas sanitarios.

Un bo exemplo do devandito tivémolo na colleita do ano 2009, que se pagou a prezos de miseria que non cubriron nin os custes de produción (entre 4 e 8 céntimos o quilo), valores que caeron até un 50% con respecto ao prezo fixado dos contratos por mor dos descontos aplicados polos almacenistas, e que acadaron marxes de beneficio que superaron o 1.000% nas superficies comerciais.

Diante deste contexto, a Dirección da Pataca do SLG asumiu os retos fixados no relatorio do Congreso como directrices para o seu traballo nos vindeiros catro anos. Entre as reivindicacións a defender están:

Apostar pola pataca de calidade e polo mercado interno galego como principal destino da mesma como vía para acadar prezos remuneradores e estables para o sector.

Demandar da Administración que incentive medidas de apoio de cara a que produtores e produtoras se asocien de cara a comercializar directamente as súas producións e de cara a desenvolver industrias de transformación propias.

Contratos homologados e voluntarios que fixen un prezo para a pataca que cubra os custes de produción e unha marxe de beneficio digna para as explotacións.

Establecemento de responsabilidades legais na pataca de semente para que asuman as perdas provocadas pola mesma os provedores e, a maiores, potenciar a produción de semente de pataca galega de calidade para reducir os custes que supón importala.

Dende unha perspectiva máis global, a Dirección da Pataca do SLG defenderá, no contexto da Política Agraria Común (PAC), a constitución dunha Organización Común de Mercado (OCM) para a pataca. A súa inexistencia fai que este sector agrario careza de axudas e da máis mínima regulación na Unión Europea. Precisamente, a regulación do sector da pataca é indispensable de cara a garantir unhas rendas dignas dos labregos e labregas que traballan nel, e para frear a especulación e abaneos de prezos que padece o sector.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

LO ÚLTIMO DE

26/02/2026

TRICHODEX (Grupo Fertiberia) presenta “Microbioma Detox”

18/02/2026

Convocada la 28.ª edición del Premio Fertiberia a la Mejor Tesis Doctoral

12/02/2026

Grupo Fertiberia y Grupo Armando Álvarez se adelantan a la regulación europea en envases reciclados

Lo último sobre PATATA

  • La NEPG urge a reducir la superficie de patata en Europa para evitar ventas a pérdidas 09/03/2026
  • La patata que no se vende en Francia ya tiene “plan B” en el bovino 27/02/2026
  • Las tierras anegadas agravan la crisis de la patata en Galicia 20/02/2026
  • Francia: los contratos de patata para industria apuntan a recortes de precio del 25% 06/02/2026
  • Patatas que parecen sevillanas pero que realmente son de Francia 12/01/2026
  • Los productores de la NEPG se preguntan si pueden seguir sembrando tanta patata 26/11/2025
  • La patata alemana llega a Polonia a 4,7 ct/kg 19/11/2025
  • Polonia prevé una cosecha de patata un 15 % superior a la del año pasado 20/10/2025
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2026 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

¿Quieres estar al día de toda la actualidad del campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo