• Contacto
  • separador
  • Anuncios clasificados
  • SUSCRÍBETE
Agrodigital

la web del campo

  • Agricultura
    • Cultivos herbáceos
    • Frutas y hortalizas
    • Vino
    • Olivar
    • Remolacha y azúcar
    • Patata
    • Arroz
    • Algodón
    • Tabaco
    • Sanidad vegetal
    • Insumos agrícolas
  • Ganadería
    • Porcino
    • Leche
    • Vacuno
    • Ovino y caprino
    • Avicultura
    • Apicultura
    • Cunicultura
    • Acuicultura
    • Ganadería
    • Alimentación animal
  • Política agraria
    • PAC
    • Política agraria España
    • Política agraria países terceros
    • OMC-Acuerdos preferenciales
    • Seguros agrarios
  • Desarrollo rural
    • Desarrollo rural
    • Regadíos
    • Mujer rural
  • Medio ambiente
    • Medio Ambiente
    • Forestal
    • Energías renovables
    • Agua y sequía
  • Alimentación
    • Alimentación
    • Producción ecológica
    • Biotecnología e I+D+i
  • Artículos
Sección con el apoyo de

O Ministerio de Medio Rural aborta toda posibilidade de solucionar os problemas do sector leiteiro

18/02/2011

O Sindicato Labrego Galego, que participou no encontro sobre o Real Decreto Lácteo celebrado onte en Madrid, con Carme Freire (secretaria xeral) como representante, saíu totalmente decepcionado diante da teima do Ministerio de Medio Rural en sacar adiante un texto que nega toda posibilidade de negociación dos prezos e impón un modelo de contrato obrigatorio que, amais de non solucionar os problemas que padece o sector produtor na actualidade, empeorará a súa situación en varios aspectos.

En primeiro lugar, o Ministerio insiste en que sexa o Estado Español o primeiro na Unión Europea en ceder a capacidade de negociar os prezos do leite ás organizacións de produtores (OP), unha figura aínda sen definir dende o punto de vista xurídico, e que supón destruír toda posibilidade de negociación colectiva no sector e fragmentar o seu poder negociador. Trátase dunha decisión política inmadura e precipitada que aborta a posibilidade de fixar un prezo mínimo universal no sector que garanta a cobertura dos custes de produción e do traballo nas explotacións leiteiras. Na xuntanza de onte no Ministerio, só se falou dun tímido intento de crear un valor de base fixo ao que se vaian sumando outros índices variables de cara a formar os prezos. Mais ese valor base non contempla cubrir os custes nin os beneficios da produción láctea.

Outra das grandes renuncias do Ministerio de Medio Rural de cara a defender os intereses dos gandeiros e das gandeiras que viven do leite ten que ver co control da produción. A pesares de que o Comisario de Agricultura, Dacian Ciolos, non deu por pechado o debate do control público da produción no sector lácteo, o Ministerio que dirixe Rosa Aguilar teima en deixar a regulación do mercado en mans das OPs, desprendéndose dúas consecuencias gravísimas desta decisión política: en primeiro lugar, o Estado Español renuncia a defender un control público da produción na Unión Europea que garanta o equilibrio no mercado; en segundo lugar, volven ser as multinacionais da distribución as grandes beneficiadas, xa que sen control da produción o mercado inundarase de leite coa previsible caída de prezos, é dicir, máis ruína para os produtores e produtoras e maiores marxes de beneficios e control sobre a produción alimentaria para as distribuidoras.

Nestas circunstancias, cun Goberno que aposta pola ausencia de controis no mercado lácteo, e que pretende facer obrigatorio un contrato tan lesivo para o sector produtor -sen negociación colectiva, e sen prezos de base que cubran os custes e o traballo-, o Real Decreto Lácteo está deseñado para beneficiar, especialmente, ao sector da distribución. Por certo, coa escusa de que non é competencia do Ministerio de Medio Rural, as grandes beneficiadas, as distribuidoras, non van ter regulada as súas relacións comerciais coa industria cun contrato obrigatorio, como así acontece cos produtores e produtoras. Deste xeito, as distribuidoras terán as mans libres para impoñer as súas condicións e prezos ás industrias, condicións e prezos que repercutirán directamente no prezo en orixe percibido polas explotacións.

Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.

Escriba un comentario: Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Lo último sobre LECHE

  • China endurece la entrada de lácteos europeos 28/12/2025
  • Inlac recorre 15 ciudades españolas para explicar lo buenos que son los lácteos 23/12/2025
  • Firmado el Convenio de Industrias Lácteas con reducción de jornada e importantes incrementos salariales 19/12/2025
  • Riesgo “muy improbable” del H5N1 en vacas lecheras en la UE según EFSA 18/12/2025
  • Prolongar la longevidad del rebaño para mitigar las emisiones de metano entérico 16/12/2025
  • Digestión de la fibra: un factor clave para la eficiencia y la sostenibilidad en la producción de leche 10/12/2025
  • De la granja al brik con menos emisiones 04/12/2025
  • Continúa la bajada de precios de los lácteos en GDT 03/12/2025
  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • Twitter

¿Quieres estar al día de todo lo que pasa en el campo?

Suscríbete a nuestra Newsletter

QUIERO ESTAR AL DÍA

Política de Privacidad | Términos legales

Copyright © 2025 Agrodigital, S.L. · Todos los derechos reservados

Utilizamos cookies propias y de terceros para asegurar que damos la mejor experiencia al usuario en nuestro sitio web y obtener analítica web. Si continúa utilizando este sitio asumiremos que está de acuerdo.Estoy de acuerdo