O sindicato Unións Agrarias apoiará mañá no decurso do Consello Agrario a declaración de Utilidade Pública dos traballos de erradicación e control da praga do nematodo do piñeiro pero esixiralle ao Goberno galego que estas tarefas non sexan asumidas polos propietarios forestais da madeira afectada.
Neste sentido, demandará un baremo xusto de indemnizacións como forma de garantir a seguridade xurídica e os dereitos dos propietarios e comunidades de montes afectadas, á vez que unha correcta execución técnica dos traballos de loita contra a praga.
As indemnizacións aos propietarios afectados por este tipo de medidas, son un dereito dos mesmos, e veñen recollidas como tales na propia Lei 43/2002 de Sanidade Vexetal, a mesma lei que se invoca para a intervención obrigatoria de corta de arborado na zona. Concretamente no seu artigo 21, onde recolle claramente que “cando as medidas establecidas para a loita contra una praga supoñan a destrución, deterioro ou inutilización de bens o propiedades particulares ou públicas, a Administración competente que teña declarado a praga compensará aos prexudicados mediante a debida indemnización, cuxo importe valorarase de acordo cos baremos que se establezan”.
Política de comentarios:
Tenemos tolerancia cero con el spam y con los comportamientos inapropiados. Agrodigital se reserva el derecho de eliminar sin previo aviso aquellos comentarios que no cumplan las normas que rigen esta sección.